Encontro pola Cultura: O Compromiso Político

I.E.S Politécnico de Vigo
Venres 22 de Febreiro · 17:30h
Presenta Fernanda Tabarés


Tras o éxito de convocatoria do #16N Encontro Pola Cultura do pasado mes de novembro, o Ateneo Atlántico, o colectivo CAÍN, a Agrupación de Amig@s do Marco, a asociación profesional de artistas de Galicia A Colectiva, o Espazo Cubo, a plataforma +Social e o Instituto Galego de Praxe Actual (IGAPA) convocan o #22F II Encontro Pola Cultura baixo o o lema “Compromiso político”.

Para elo convidan aos representantes das distintas formacións políticas que concorren ás eleccións municipais en Vigo a un diálogo aberto sobre os puntos clave da política cultural da cidade que se celebrará este Venres 22 de Febreiro, ás 17:30h no auditorio do  I.E.S Politécnico de Vigo, na rúa Conde de Torrecedeira 88

O Encontro estará moderado pola xornalista Fernanda Tabarés e contará coa presenza, á falta de próximas confirmacións, dos representantes municipais do Partido Popular (PP), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Marea de Vigo.  Extendeuse o convite a participar ao Partido Socialista de Galicia (PsdG - PSOE de Vigo), quen rexeitou formalmente.

O obxectivo deste II Encontro pola Cultura é coñecer cal é o compromiso político e as propostas de acción das forzas políticas que concorren ás eleccións municipais en relación á situación das políticas culturais e sociais na cidade de Vigo. A tal efecto trasladarase ás persoas convidadas unha serie de preguntas ás que se poderán engadir, durante o debate, as plantexadas polas persoas asistentes.


Entrada libre ata completar aforo.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/