Iso que chamamos amor.. que vén sendo?
Unha conversa sobre o Amor entre Amada Traba, Chis Oliveira e Iolanda Zúñiga
Martes 12 Febreiro · 19:30h
Casa do Libro · Vigo
Co gallo da publicación dos seus libros "Ám@me" e "Noites de safari. Manual sobre amantes desorientados", xúntamos na Casa do Libro de Vigo ás súas autoras, Amada Traba, Chis Oliveira e Iolanda Zúñiga, para que conversen sobre o Amor e como se pode definir nos nosos días. Na súa charla queren provocar o asistente, con sentido do humor, á reflexión e suscitando debate.
Chís Oliveira é catedrática de Filosofía, experta en Educación Sexual, e autora de numerosos libros sobre o tema coma “Eros: Materiais para pensar o amor”. Amada Traba é profesora de Socioloxía da Educación na Universidade de Vigo e autora de numerosos artigos sobre as políticas de igualdade. Xuntas co-escribiron recentemente "Ám@me" (Galaxia, 2018). Iolanda Zúñiga foi gañadora do premio Xerais de novela en 2010 coa súa novela "Periferia", e acaba de publicar recentemenete o libro "Natura".
Presentará polo Ateneo Atlántico, Ana Fresco
Entrada libre ata completar aforo