Cine e verdade
Casa de Xogos, de David Mamet
Mércores 13 Febreiro · 19:40h · Multicines Norte
Este mércores 13 ás 19:40h o cine regresa ao Ateneo Atlántico nos Multicines Norte.
O tema da mentira, o engano, e a percepción da realidade, está sempre
ligado á esencia do cine e da imaxe filmada. Por iso queremos invitarvos
a proxección da película coa que debutaría en 1987 na dirección o
prestixioso guionista e dramaturgo David Mamet, "Casa de Xogos" e que
presentamos baixo o tema CINE E VERDADE. Porque "Casa de Xogos"
é unha película de apariencia deliberadamente intrigante. Agocha baixo a
relación que se establece entre unha psiquiatra e un timador
profesional unha aguda mirada cara ao engano, e aos motivos polos que
nos deixamos enganar.
Presentará o coloquio Celso López Pazos e a psicoanalista Mercedes Coto.
Título orixinal: House of Games (V.E.)
Ano: 1987
Duración: 102 min.
País: U.S.A.
Dirección: David Mamet
Guión: David Mamet
Reparto: Lindsay Crouse, Joe Mantegna, Mike Nussbaum, J.T. Walsh, Lilia Skala
Sinopse: A vida da psiquiatra Margaret Fox transcurre con éxito máis con unha aburrida normalidade. Todo iso cambia, cando coñece na "Casa de Xogos" que da nome ao título a un timador profesional que a introduce no engano e na manipulación da mentira.