O mercado de ventres: liberdade ou explotación?


O mercado de ventres: liberdade ou explotación?
Venres 15 Febreiro · 19:15h
Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios

Nunha sociedade democrática, en permanente evolución no desenvolvemento dos dereitos dos seus cidadáns, resulta obsoleto, como concepto xurídico, que sexa nai aquela muller que da a luz?

Este Venres 15 de febreiro, ás 19:15 h, na Biblioteca da Escola de Artes e Oficios de Vigo o Ateneo Atlántico organiza o debate “O Mercado de Ventres: Liberdade ou Explotación?”. Nel, valoraranse os aspectos médicos, políticos, éticos e xurídicos da Xestación Subrogada, os tamén chamados “Ventres de Aluguer”. A resolución legal desta cuestión estase a debater, dende hai meses, en distintas comisións do Congreso dos Deputados.

Por mor da súa complexidade o Ateneo Atlántico ten como invitad@s a diversos profesionais e/ou responsables públicos con contrastado coñecemento da cuestión:
  • Dolores Galovart, Membro da comisión da Igualdade no Congreso dos Deputados polo PSOE
  • Domíngo Vázquez: Médico Xinecólogo
  • Patricia Reyes: Membro da comisión da Igualdade no Congreso dos Deputados por Ciudadanos. (Pendente de confirmación)
  • Diversos profesionais do campo da psicoloxía e da ética.
Presentará polo Ateneo Atlántico, Mª Luisa Abad

Previamente proxectarase o documental: "¿A favor o en contra de la gestación subrogada?"
Entrada libre ata completar aforo.


/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/