A recepción política de Castelao

A recepción política de Castelao
Con Xosé Luís Méndez Ferrín e Miguel Anxo Seixas Seoane
Presenta Manolo Forcadela
Casa Galega da Cultura · Praza da Princesa /sn
Xoves 14 de marzo · 19:30h

Xosé Luís Méndez Ferrín e Miguel Anxo Seixas Seoane, presentados e moderados por Manolo Forcadela, analizarán a resignificación política levada a cabo coa figura de Castelao desde o inicio da Transición até a actualidade.

Os feitos e os personaxes non son históricos ata lles engadirmos un relato. Un feito, como dicía Pirandello, é unicamente un saco baleiro, non se mantén ergueito até lle metermos pedras dentro. Castelao durante a ditadura foi símbolo de tres realidades políticas unidas: galeguismo de esquerdas, republicanismo e antifascismo. Coa chegada da Transición, a dereita quixo cambiar as pedras do saco e a Castelao sucedeulle o mesmo que a Machado no último franquismo ou a Azaña durante o goberno de Aznar: viuse sometido a unha operación de resignificación política para substituír a súa condición histórica adaptándoa ás necesidades dunha dereita baleira de símbolos culturais democráticos.

Entrada libre ata completar aforo (60 prazas)
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/