Suicidio, a morte silenciada



Suicidio, a morte silenciada
Con José Luís Gómez e Tiburcio Angosto · Presenta Elvira Landín
Biblioteca da Escola de Artes e Oficios · r/ Garcia Barbón 5
Mércores, 20 de Marzo · 19:15h
Sábese que factores sociais, psicolóxicos e culturais interactúan dun xeito morboso para conducir a unha persoa a un comportamento suicida, pero debido á estigmatización dos trastornos mentais e do suicidio, moitas persoas senten que non poden pedir axuda. A pesar de que os datos asistenciais   indican que numerosas mortes son evitables, o suicidio, con demasiada frecuencia, ten escasa prioridade para os gobernos e as decisións políticas.

Segundo a OMS, nun ano, case 800.000 persoas suicídanse no mundo, pero moitas máis téntano, case 20 veces máis, sendo este acto un dos factores máis importantes de risco de consumalo. Pero tal vez o máis tráxico é que o suicidio pode producirse a calquera idade, sendo a segunda causa de defunción entre os mozos de 15 a 29 anos en todo o mundo.

Con este acto o Ateneo Atlántico quere invitar á sociedade viguesa a reflexionar sobre este feito, xa que Galicia, con máis de 300 suicidios ao ano, ten un dos índices máis altos de España.

Durante o acto proxectaranse fragmentos do documental "A morte silenciada"

Entrada libre ata completar aforo (65 persoas aprox.)
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/