Presentación do libro "Un conto siciliano e outras historias"
Co autor, Estro Montaña e Xose Ramón Pena, Inma Lopez Silva e Fran Alonso
Libraría Librouro · r/Eduardo Iglesias 12
Martes 26 de Marzo · 20:00h
Este martes, ás 20:00h, xuntámonos
na libraría Librouro
a xente de Xerais e do Ateneo Atlántico para acompañar a Estro Montaña na presentación do seu novo libro "Un conto siciliano e outras historias".
Estro Montaña é profesor de literatura e crítico literario, e
colaborador habitual do Faro da Cultura. Autor, entre outras, das obras
de ficción "Doña Urraca" ou "As Armas delicadas" a máis da biografía "Diego Gelmirez, báculo de gloria en Compostela", ou dos libros de viaxe "A costa da Morte, un litoral insólito" ou "Pela costa do eixo atlántico".
"Un conto siciliano e outras historias"
é un libro que recolle 14 relatos que teñen o poder e a violencia,
dispostos para a dominación das persoas, como fío conductor. Personaxes
que viven facendo uso do exercicio despótico do poder ou que se ven
sometidos a el.
Acompañan ao autor na presentación do libro os escritores Xose Ramón Pena, Inma Lopez Silva e Fran Alonso.
Entrada libre ata completar aforo.