A fábrica Alfageme: Un patrimonio industrial vigués
Liceo Marítimo de Bouzas · Avda. Eduardo Cabello, 8
Venres 12 abril · 20:00h
O Ateneo Atlántico, coa axuda do Liceo Marítimo de Bouzas, a Asociación Cultural Pertenza e o Colectivo Vigo Industrial, organiza este acto sobre ese icono do patrimonio industrial de Bouzas e de Vigo que é a Fábrica Alfageme, no propio salón de actos do Liceo o vindeiro venres 12 de Abril ás 20:00h.
A historia da
Fábrica Alfageme na rúa Tomás Alonso, non é so a historia dun edificio. E tamén
a historia da industría conserveira na nosa cidade e do seu desenrolo,
e un exemplo da participación do patrimonio industrial na conformación
urbanística da nosa cidade. E por suposto, a fábrica Alfageme representa tamén
o relato dos centos de traballadores que acolleu ao longo da súa historia e a
do propio barrio de Bouzas na que se sitúa.
O Patrimonio
industrial non é so un patrimonio de edificios e espacios, de imaxes e fotografías,
se non dunha forma de facer (os procesos produtivos, industriais e de xestión),
de relacionarse (as labores sindicais, os beneficios sociais) e tamén da
relación de esas xentes e procesos co seu entorno inmediato. A charla quere por
en valor todos estes aspectos, e reflexionar sobre a importancia da
preservación de este legado nun momento en que o edificio deseñado por Manuel
Gómez Román afronta un futuro incerto.
O acto contará
coas intervencións do profesor Xoan Carmona, e do historiador Moncho Iglesias, ademais
da participación e moderación de Mariña López, historiadora no Museo ANFACO da Industria Conserveira.
Proxectaranse imaxes inéditas da fábrica Alfageme.
Entrada libre ata completar aforo (110 persoas)
- Xoan Carmona Badía (Vigo) é catedrático de Historia e Institucións Económicas na Universidade de Santiago de Compostela. É vocal no TICCIH – España (The International Committee for the Conservation of Industrial Heritage). Entre ás súas numerosas obras destaca “Las Familias de la Conserva” (2011) ou “Galicia Industrial (2012)
- Jose Ramón Iglesias Veiga (Sanguiñeda) é doutor en historia e membro do Instituto de Estudios Vigueses. Publicou xunto con Xaime Garrido os libros “Manuel Gómez Román, mestre da arquitectura galeguista” (1995) ou “Vigo, arquitectura urbana” (2007)