CinemAteneo: Clara Campoamor

 
cinemAteneo
Clara campoamor, la mujer olvidada
Presenta Carmen Becerra
Multicines Norte, Vigo
Miércoles 10 Abril · 19:40h
3€ soci@s / 4€ non soci@s

Se o 8 de Marzo e as súas reinvidicacións rebumbian con forza nos últimos anos, é porque ainda queda camiño por andar. Por iso é axeitado lembrar como se xestaron as conquistas do pasado, as suas protagonistas e as resistencias que se atoparon. A historia da consecución do sufraxio universal en España ten na figura de Clara Campoamor o seu maior referente. A película de Laura Maña permítenos un ollar re-imaxinado dende dentro daquel Congreso da lexislatura de 1931, ao proceso, nunca sinxelo nin directo, que desembocou naquel cambio fundamental.

Presentará o coloquio Carmen Becerra Suárez, profesora titular da Teoría da Literatura e Literatura comparada da Universidade de Vigo. Coordinadora do grupo "literacine" da Universidade de Vigo que organiza os Congresos bianuais de Cine y Literatura. É tamén directora cultural da Fundación Gonzalo Torrente Ballester.

As entradas estarán disponibles por 3€ para socios/as e 4€ para non socios

Ficha técnica
Título original: Clara Campoamor, la mujer olvidada (VOE)
Ano: 2011
Duración: 90 min.
País: España
Dirección: Laura Maña
Guión: Yolanda García e Rafa Russo segundo o libro de Isaías Lafuente
Reparto:  Elvira Minguez, Antonio de la Torre, Mónica López, Joan Carreras.

Sinopse: No ano 1931, a pesar que as mulleres sí poden ser elexidas para o Congreso, o voto femenino ainda non está recoñecido en España. As primeira deputadas elexidas, Clara Campoamor e Victoria Kent, emprenden a tarefa de vence-las reticencias do congreso para recoñece-lo sufraxio universal.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/