Feminismo e novas formas do político
Con Cristina Moreiras, University of Michigan
Presenta M. Forcadela, Universidade de Vigo
Casa Galega da Cultura · Praza da Princesa /sn
Martes, 23 de Abril · 19:30h
Con Cristina Moreiras, University of Michigan
Presenta M. Forcadela, Universidade de Vigo
Casa Galega da Cultura · Praza da Princesa /sn
Martes, 23 de Abril · 19:30h
A charla a cargo de Cristina Moreiras, catedrática de literatura, cine e estudios de xénero na Universidade de Michigan, é un intento de ofrecer unha reflexion sobre o movemento feminista no noso presente, baseado na pregunta ¿é o feminismo, hoxe en dia, unha práctica política? Se isto é así, ¿qué o converte nun movemento político e, máis específicamente, nun movemento político de esquerdas? Nun momento no que apenas hai militancia política e ainda menos militancia feminista, ou a que existe parecenos lonxe de toda razón política, ¿ónde situamos a eficacia política e a ética do feminismo?
Esta palestra trata de presentar algunhas respostas e moitas preguntas ao redor deste e outros temas de importancia vital para acadar unha sociedade igualitaria nun mundo que todavía categoriza a diferencia, e a diferencia sexual, como algo negativo e, en consecuencia, como algo que está suxeito a unha persistente discriminación.
Cristina Moreiras-Menor (Vigo, 1959) é catedrática de literatura, cine e estudios de xénero na Universidade de Michigan (Ann Arbor), onde tamén ten sido directora do Departamento de linguas e literaturas románicas entre os anos 2010 e 2018. Publica extensamente sobre a literatura galega dos séculos XIX e XX (destacando os seus traballos sobre Rosalía de Castro, e Xosé Luis Méndez Ferrín) e sobre literatura, cine e fotografía dos séculos XX e XXI. É autora de dous libros, Cultura herida: Literatura y cine en la España democrática (Libertarias, 2002) e La estela del tiempo: historicidad e imagen en el cine español contemporáneo (Editorial Iberoamericana Vervuert, 2011).
Manuel Forcadela
é Historiador da literatura, poeta, e novelista. Profesor de Filoloxía e
Tradución da Universidade de Vigo. Colaborador en diversas revistas e
xornais. Da súa ampla produción cumpre destacar: O varredor en outono (Sotelo Blanco,
1988); A harpa e a terra (Ed. Xerais, 1988); Fóra de xogo (Edicións do Cumio, 1993); Morte do fadista (Espiral Maior, 2000); Dama Saudade e o cabaleiro Sombra (Frank @ Timme, 2012)