Territorio e Paisaxe en Galicia
Con Xose M. Souto e Augusto Pérez Alberti
Edificio Cambón · Rúa da Oliva 3
Xoves 25 de abril · 19:30h
Este Xoves día 25, ás 19:30h, na sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas - Edificio Cambón, nos xuntaremos con Xose Manuel Souto e Augusto Pérez Alberti para falar sobre Territorio e Paisaxe en Galicia.
A
palestra é unha visión sobre a relación que teñen o territorio e a
paisaxe galegas a distintas escalas. Dende elementos estructurais
(relieve, clima, chan e auga) ou texturais (usos do chan, procesos de
urbanización, manexo da auga), ata elementos máis abstractos como a
percepción, a emoción ou a representación social dese mesmo territorio, e
nos que todos eles en conxunto, serven para construir un denominado
"espacio complexo".
Serán dúas conferencia dende dúas perspectivas distintas co territorio de Galicia como lugar común. A visión máis física, xeográfica e ligada a xeomorfoloxía de Augusto Pérez, complementarase coa visión máis perceptiva e enfocada na representación que nos ofrece Xose Manuel Souto. Con Augusto falaremos de "Elementos, dinámicas e tipos de paisaxe en Galicia", namentres que o título da palestra de Xose Manuel será "Lugar, espazo e territorio: emocións, representacións, identidades".

- Xose M. Souto é Doutor en Xeografía ademáis de licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. É catedrático de Didactica das Ciencias Experimentais e Sociais na Universidade de Valencia, e ten unha ampla experiencia no ámbito educativo e na mellora da ensinanza.
- Augusto Pérez Alberti é Catedrático de Xeografía Física da Universidad de Santiago de Compostela, e profesor invitados nas Universidades de Le Mans, Nantes, Neuquén e Quito. Ten participado en 25 proxectos de investigación e a súas principais liñas de busqueda son a Xeomorfoloxía glaciar e periglaciar, a Xeomorfoloxía costeira, a Paisaxe ou o Paleoclima.
Falamos de paisaxe?
Entrada libre ata completar aforo (80 persoas)