EscoitANTES: Aprender a coñece-la música clásica

EscoitAntes 7 · Orquestra Vigo 430
Clase Taller · Xoves 23 · 18:30h ·Auditorio do Areal
Ensaios Abertos · Mércores 29 e Xoves  30 · 09:00h · Teatro da Cidade Universitaria
Concerto · Sábado 1 de Xuño · 20:30h · Teatro A Fundación


Unha nova oferta cultural chega ao Ateneo Atlántico, da man da Orquestra Vigo430 e a Universidade de Vigo. Este ano, a Orquestra e a Universidade desenrolan o programa escoitANTES, unha forma nova e didáctica de achegarse á música clásica, e que vais máis alo dun simple concerto. O Ateneo Atlántico, en colaboración con eles, quere promover esta actividade entre os seus socios.

Trátase de realizar un taller previo á celebración do concerto, co obxectivo de achegar, mellorar e ampliar o noso criterio de apreciación no que a música clásica se refire, así como aportar chaves para entender e gozar das obras que figurarán no programas do concerto. Esta clase taller, estará a cargo de Cándido Cabaleiro Paz, profesor superior de piano e mestre de Educación musical, e terá lugar nesta ocasión, no Auditorio Municipal do Areal, o vindeiro Xoves 23 de Maio, ás 18:30h, e non é preciso ter ningún tipo de coñecemento musical previo para acudir a elas. A entrada ao taller é de balde.

Ademáis, como complemento áo taller, tamén é posible acudir gratuitamente aos ensaios abertos que a orquestra Vigo430 realiza no Teatro Vidal Bolaño da cidade Universitaria, nas mañans do mércores 29 e xoves 30 de maio, de 9:00 a 14:00h, nos que se poderá ver a preparación dos músicos cara ó concerto.

O obxectivo é a preparación do ouvinte para o concerto que se finalmente se celebrará o Sábado 1 Xuño no Teatro A Fundación, ás 20:30h, para o que xa se poden adquirir as entradas en A Taquilla. O programa deste concerto, e base da escoita do taller é o Concerto para Chelo de Edward Elgar, o "Hermes" de Octavio Vázquez, así como o a Sinfonía nº6 "Patética" de Tchaikovski.

Se para apreciar o valor das cousas antes hai que comprendelas, este taller ofrece a posibilidade de achegarse á música clásica cos oídos ben abertos.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/