A trabe de Ouro. Presentación do número 110

Presentación número 110 de A Trabe de Ouro
Casa Galega da Cultura · Praza da Princesa /sn
Xoves 27 de xuño · 19:30h

A publicación galega de pensamento crítico A Trabe de Ouro xa ten na rúa o seu número 110. Nada no ano 1990, a revista adica catro números ao ano á analise sociopolítica e do pensamento, á publicación de textos literarios e críticas, ou á actualidade cultural.

Por iso convidamos este xoves día 27, ás 19:30h na Casa Galega da Cultura, a algúns dos seus contribuíntes e autores, a que nos falen da revista e nos presenten os seus contidos. A presentación correrá a cargo do director da revista, Xosé Luís Méndez Ferrín, o filósofo Francisco Sampedro Ojeda nos falará da “Actualidade de Marx” e o historiador Lucio Martinez Pereda de “O Pazo de Meirás e o Mercado do Patriotismo". O número tamén inclúe textos de Manuel Lago, Óscar Lopes, Francisco Fernández Rei, Francesc Pujols, Daniel Salgado, Miro Villar, Oriana Méndez, Pancho Niño, Xiana López e Lucía España.

Entrada libre ata completar aforo (50 plazas)
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/