Ciclo Jazz, Tempo e Metamorfose
Primeira Xornada
A Historia do Jazz
Historia e comprensión da música clave para o desenvolvemento da cultura
americana, europea e viguesa do século XX e XXI
Mércores 25 Setembro · 20:00h
Salón de Actos do MARCO · Rúa do Príncipe 54
Nesta primeira xornada farase unha viaxe pola "Historia do Jazz", recurrendo aos nomes máis senlleiro que forxaron esta música, cunha especial atención a aqueles que actuaron na nosa cidade. Xente como o National Jazz Ensemble de Nova York, mestres do Jazz (Chuck Israels, Ben Riley, Jim Mc Neely, Steve Brown, Hal Crook, Claudio Roditi, Sal Nistico e Margot Hanson) que introduciron a súa experiencia e o coñecemento no noso contexto impulsando as primeiras escolas nesta especialidade en España, e en Vigo.
A sesión será conducida por Alberto Conde, e contará con Pedro Solveira, Manolo Álvarez e Elías Quiroga como relatores, ademáis do traballo de Xosé Otero na parte técnica. A palestra contará cun importante apartado audiovisual e de escoita de pezas que permitan seguir e comprender mellor o falado.
A vindeira xornada celebrarase o día 26 de outubro e que leva por título "As mulleres do Jazz", quere recuperar e escoitar a obra das moitas mulleres que forman parte da súa historia.
O Ateneo Atlántico quere agradecer a cesión do seu Salón de Actos ao Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) .
Entrada libre ata completar aforo (150 persoas)