Intervencións de arte pública en Galicia
Con Eva López Tarrío e Antón Castro
Presenta e modera Carlos Bernárdez
Xoves 17 outubro · 19:30h
Casa Galega da Cultura · Pz. da Princesa, 2
Este xoves día 17 de outubro invitamos á doutora Eva López Tarrio e ao catedrático e crítico Antón Castro, a unha palestra na Casa Galega da Cultura sobre o papel da arte pública nas nosas cidades.
A relación da obra de
arte co espazo público pasou de estar ligada a unha imperiosa necesidade de
significación, que ten que ver co carácter social que trae consigo o progreso e
a proxección pública dos máis variados sentimentos, do século XIX, a constituír
un problema no ámbitos das vangardas do século XX.
No momento actual a
problemática urbana e a súa relación coa produción de arte pública segue a ser
obxecto de debate. Quizais sexa conveniente lembrarmos que perdido o carácter
conmemorativo, dominante até comezos do século pasado, aínda que presente
posteriormente, o papel da arte no espazo público acaba por constituírse nun
problema, non resolto totalmente no noso tempo.
- Antón Castro é catedrático de Historia da arte na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, comisario de exposicións e crítico
- Eva López Tarrío, doutora en Belas Artes, comisaria de exposicións e autora da tese ”Modelo integrado de Arte e Natureza”
- Carlos Bernárdez é historiador da arte, comisario de exposicións e crítico