Presentación Lectura Fácil en Galego
Salon de Actos da Fundación ONCE · r/Gran vía, 16
Xoves, 24 Outubro · 19:30h
O pasado xoves 24 de outubro ás 19:30h, no Salón de Actos da Fundación ONCE de Vigo (Gran Vía, 16) a Asociación Lectura Facil e as editoriais Adapta e La mar de fácil, en colaboración co Ateneo Atlántico, presentaron diversos materiais didácticos ao obxeto de facilitar o acceso á lectura en galego das persoas cegas, xordas e neurodiverxentes, contribuindo así á súa plena inclusión.
Esta
presentación enmárcouse nunha serie de actividades que se estaban a
desenvolver en Vigo ao respecto da necesaria inclusión das persoas con
distintos niveis de discapacidade e/ou dificultade lectora, como son a
cuarta edición do Festival de cine inclusivo e diversas conferencias na Facultade de Filoloxía e Traducción da Universidade de Vigo.
Participaron:
- Elisabet Serra, codirectora da Asociación Lectura Facil.
- Fernando Aixa e Nuria Casals, editores.
- Lourdes Lorenzo, profesora da Facultade de Filoloxía e Traducción da Universidade de Vigo