Os Peixes e o Clima
Respostas ao cambio climático nas comunidades pesqueiras
Unha charla coa investigadora Elena Ojea
Xoves 10 outubro · 19:30h
Sede do Parque Nacional Illas Atlánticas · r/Oliva 3 (Vigo)
Seguindo coa nosa preocupación polo divulgación dos efectos do cambio climático, no Ateneo Atlántico queremos sempre centrarnos nos efectos máis achegados e particulares que este fenómeno terá para a nosa terra e a nosa economía. Por iso xorde a pregunta, como afectará a mudanza do clima na pesca nos nosos mares?
Para trata-lo tema, invitamos como relatora á doutora Elena Ojea, unha moza investigadora da Universidade de Vigo e receptora da prestixiosa bolsa "Starting Grant" da Unión Europea. Na charla, revisaremos as últimas evidencias científicas sobre os impactos do cambio climático no mar, e afondaremos nos efectos que se observan para a pesca. En concreto, veremos como os peixes están a respostar ao aumento da temperatura da auga do mar, e as implicacións que estas mudanzas teñen para a actividade pesqueira. Por último, afondaremos nos procesos de adaptación aos cambios que acontecen a nivel de individuos e grupos de persoas, destacando os plans e medidas que será necesario facer para encamiñar este futuro baixo o cambio climático.
- A Doutora Elena Ojea é unha investigadora da Universidade de Vigo, onde lidera o grupo de investigación sobre os océanos futuros e desenvolve o proxecto CLOCK (Climate Adaptation to shifting stocks). Elena é licenciada en Ciencias Ambientais e doutorada en economía, e ten experiencia post-doutoral no centro vasco de cambio climático (BC3), e na Universidade de California Santa Barbara onde é investigadora visitante na escola de ciencias e políticas ambientais (Bren School for Environmental Science and Policy). O grupo dos océanos futuros (Future Oceans Lab) é un grupo novo de xente moi activa e multidisciplinar que fai investigación en xestión sostible e adaptativa dos sistemas mariños, incluída a comunidade social.
Entrada libre ata completar aforo (90 persoas)