A Festa da Palabra Silenciada
con Paula Mariño, Camino Noia e Mónica Bar. Presenta Ana Gandón
Martes, 19 novembro · 19:30h
Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios · r/García Barbón 5
Como
terceiro acto da homenaxe que o Ateneo Atlántico está a dedicar a María
Xosé Queizán, o vindeiro Martes 19, ás 19.30 horas, poderemos asistir
ao acto A festa da palabra silenciada, no que
Paula Mariño, Camino Noia e Mónica Bar, presentadas por Ana Gandón, falaran desta revista mítica dentro do feminismo.
Fundada en 1983 por
Feministas Independentes Galegas para
sacar da escuridade a escrita feminina e as teorías feministas vixentes
naquel momento, foi, primeiro coordinada e despois dirixida, por
María Xosé Queizán.
Disque esta
participación de María Xosé Queizán na Festa da Palabra, e á marxe de
toda a súa produción literaria e ensaística, é suficiente en si mesma
para a súa entrada pola porta máis grande na Historia da cultura galega.
Entrada libre ata completar aforo (50 persoas)