Presentación da Orquestra 430

Presentación da Orquestra Vigo430 e a súa tempada 2019-20
con Javier Escobar e Cándido Cabaleiro, e a actuación de Laura García e Metín Atasoy
Mércores, 20 novembro · 20:00h
Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios · r/ García Barbón 5

O Ateneo Atlántico repite a súa colaboración coa Orquestra Vigo 430 para promover as súas actividades entre os nosos socios; grazas a esta colaboración podemos ofrecer acceso a descontos na billetería para os concertos da Orquestra. Deste xeito, hoxe acompañámolos na presentación da nova tempada e do seu programa "escoitANTES", que desenvolve en colaboración coa Universidade de Vigo.
 
No acto contaremos coa participación de dous músicos da orquestra Vigo430, Laura García no violín e Metin Atasoy na Guitarra, que interpretarán a Sonata concertata en tres movementos para violín e guitarra de Niccolo Paganini.

Relatores: Javier Escobar Vidal, catedrático de viola no Conservatorio Superior de Música de Vigo, e director artístico da Orquestra Vigo430.
Cándido Cabaleiro Paz, profesor superior de piano e mestre en educación musical. Prepara e imparte as sesións do obradoiro "EscoitANTES".

Intervención musical a cargo de Laura García (violín) e Metin Atasoy (guitarra) que interpretarán a Niccolo Paganini: Sonata concertata para violín y guitarra ( I. Allegro spiritoso II. Adagio assai espressivo III. Rondo, Allegretto con brio, scherzando)

Entrada libre ata completar aforo (50 persoas)
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/