O Laicismo: de Marianne ás Torres Xemelgas

O Laicismo: de Marianne ás torres xemelgas
Con Antonio Gómez Movellán. Presenta Karina Mouriño
Xoves, 28 de novembro · 19:30h
Salón de Actos da O.N.C.E · r/ Gran Vía 16
 
 
Este xoves 28 de novembro abrimos un novo ciclo de reflexión que xirará arredor do tema xenérico do laicismo.

A primeira conferencia correrá a cargo de Antonio Gómez Movellán -cofundador e actual presidente de Europa Laica- e versará sobre o significado histórico e actual do laicismo: o secularismo como principio inseparable dunha democracia e como parte do discurso emancipador republicano; tamén entrará nunha reflexión arredor dos retos máis actuais que ten o laicismo no noso país.

O acto celebrarémolo no salón de actos da ONCE (Gran Vía 16), o próximo xoves 28 de novembro, ás 19.30 horas.
Entrada libre ata completar aforo (100 persoas)
  • Antonio Gómez Movellán, é licenciado en Historia. Foi fundador e actualmente preside a asociación Europa laica. Traballou como conselleiro na Dirección de Asuntos Relixiosos do Ministerio de Xustiza. Publicou libros e multitude de artigos sobre laicismo, secularismo e dereitos fundamentais das persoas, como "La iglesia católica y otras religiones" (Ed. VOSA, 1999) ou obras colectivas como “El pluralismo religioso en España” (Fundación Ferrer i Guardia, 2000) e “Aprendiendo sin dogmas” (Mil razóns, 2011). Actualmente publica artigos regularmente no xornal Público, na revista Viento Sur, en Diario 16 e Rebellión.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/