Previamente á súa visita fixemos unha rolda rápida entre as quince persoas que asistimos á sesión, apuntando opinións sobre a obra. As maioritarias foron que era valente e entretida, que abordaba diferentes temas de moita actualidade e compromiso, cun galego moi áxil e atractivo. Algunha persoa apuntou que era un pouco tétrica (a autora corroborou posteriormente esta faceta da súa obra) e sómente a unha persoa non lle gustou.

Acordamos ler para a próxima sesión “Anibal e a pintora“ da Editorial Xerais e escrito por Xabier Paz, membro do noso club de lectura, co que voltaremos contar co autor na seguinte sesión que será o día 3 de decembro.