Fábula das Aves

Presentación: Fábula das aves
Manuel Forcadela
Editorial Laiovento
Con Rexina Vega e Pepe Cáccamo
Presenta Laura Caveiro
Xoves 23 de xaneiro, 19.30 horas
Biblioteca da EMAO


O Ateneo Atlántico de Vigo ten o pracer de convidarvos á presentación de “Fábula das
aves” , último poemario de Manuel Forcadela, publicado por Laiovento.
Será na Biblioteca da EMAO este xoves 23 de xaneiro de 2020, ás 19.30 horas.
Xunto ao autor intervirán Laura Caveiro, Rexina Vega e Pepe Cáccamo.

Sobre “Fábula das aves”:

XOSÉ Mª ÁLVAREZ CÁCCAMO na : “A vida,“esa mestura / da forza da vontade / e do
poder do azar” constitúe a materia central da Fábula das aves, cuxo magnífico voo
discursivo se resolve ás veces en formato de sátira. Así nos momentos en que o autor
escolle a voz desmitificadora da poesía de mocidade, a dos autores de “poemas por
sempre inesquecibles / que xa ninguén recorda”. Manuel Forcadela, sabio en artes de
paixón escéptica, é consciente, porén, do permanente efecto transformador do
poema, cuxo sentido simbólico “non substitúe o real senón que o incrementa”, tal
como se verifica na lectura da Fábula das aves, alta música de pensamento e linguaxe.”

ROMÁN RAÑA, en FARO DA CULTURA, 19.12.2019:
“Manuel Forcadela (Tomiño, 1958) proponnos, en Fábula das aves, entrar na
melancolía. Un non-lugar de encontros e de fugas, de éxtases e olvidos, de delirio e
rigor. Mais, tamén, de lembranzas recónditas (que lembranza non o é?) onde non
resulta difícil atopar a desobediencia da angustia.”

RAMÓN ROZAS en https://www.galiciae : “A poesía de Manuel Forcadela é poesía de
alta intensidade, as súas palabras teñen ese peso que a palabra ten que manter como
xeito de explicar e de nomear o que lle interesa ao ser humano, aquilo que paga a
pena ter ao noso carón como xeito de facer iso tan complexo que é explicarnos.”.


/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/