La Vegetariana, obra da autora coreana Han Kang, tivo
varias lecturas. En xeral, gustou a escrita pola súa estrutura, tres
voces con tres puntos de vista: os soños delirantes da protagonista, a
relación erótico-artística do cuñado, e o papel da irmá,
sempre dubidando e culpabilizándose. Esa terceira parte, quizás fose a
que pareceu máis interesante.
A lectura resultou, para algúns, rápida e fácil. Para outros, angustiosa, desagradable e non a recomendarían.
O texto literario agradou. Nalgún caso precisou dunha segunda lectura e mesmo desacougou. Para outras, foi unha historia allea e desafecta.
Case todo o grupo coincidiu cos pensamentos da protagonista: O corpo é o único ao que se lle pode facer dano e nin iso a sociedade patriarcal llo permite. Está ausente, utiliza como arma o silencio. Estórballe o corpo. Non lle permiten ser diferente.
A maioría pensaba que ela só pretendía unha comuñón coa natureza. E a idea de mostrar a protagonista, non coma unha tola, senón como unha mística, foi moi valorada polo grupo.
Analizouse a traxectoria vital da vexetariana quen, como muller, fora unha ninguén, desprezada polo seu home, maltratada polo pai, e utilizada polo cuñado.
Como curiosidade, apreciáronse algúns erros na tradución.
Nesta sesión participamos 21 persoas.