Presentación libro: CRAC!

Presentación libro - Tertulia
CRAC!
Unha breve historia da economía
De Alexandre Versignassi
Con Xosé Carlos Arias
Xoves 30 de xaneiro, 20 horas
Espazo Cubo

O Ateneo Atlántico ten o enorme pracer e a honra de presentar ao xornalista brasileiro Alexandre Versignassi. Será o xoves 30 de xaneiro, ás 20 horas, no Espazo Cubo, para presentar o seu libro CRAC! Unha breve historia da economía: da Grecia antiga ao século XXI.
O acto será presentado por Xosé Carlos Arias.

Crac!, é un paseo por doce mil anos de civilización para explicar como funcionan as moedas, a inflación, as burbullas e o ir e vir dunha economía cíclica que sempre se repite.

Alexandre Versignassi é xornalista especializado en temas científicos e sociais. Foi redactor e columnista do xornal Folha de São Paulo e das revistas Sapiens e Flashback. Na actualidade é director de redacción das revistas Superinteresante e Aventuras na história.
Superinteresante, coloquialmente 'Super', é unha revista de divulgación científica e cultural, considerada líder no ámbito científico de toda Latinoamérica, cunha tirada que pasa dos 400.000 exemplares.
Versignassi posúe numerosos premios e distincións polo seu labor divulgador e de investigación periodística (Jornalistas&Cia/HSBC de Imprensa e Sustentabilidade 2011, finalista do Prêmio Esso 2010, Prêmio Abril de Jornalismo 2006, etc.)

Xosé Carlos Arias é profesor de Política económica na Universidade de Vigo e autor do prólogo á edición galega do libro Crac! (Catroventos editora). Ademais de colaborador en prensa (La Voz de Galicia), ten publicados libros como La nueva piel del capitalismo (Galaxia Gutemberg 2016) ou Nuevo institucionalismo: gobernanza, economía y políticas públicas (CIS, 2013).
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/