Ciclo de Filosofía.Voces da Filosofía e a Psicanálise
Homenaxe a Alberto Mariño
Heidegger, á sombra do mito
Con Arturo Leyte
5 de marzo de 2020, 19h.
Aula D (r/ Elduayen 36)
Hoxe inauguramos o ciclo sobre filosofía que, en colaboración co Seminario de Filosofía, demos en titular Voces da filosofía e a psicanálise.
O ciclo desenvolverase en catro sesións (5, 7, 13 e 26 de marzo de 2020, ás 19 horas) nos locais de Aula D (rúa Elduayen 36, Vigo). Neste enlace está toda a información do ciclo completo.
O ciclo está organizado como homenaxe a Alberto Mariño.
Son raras esas persoas dun talento excepcional que a miúdo se resisten á publicación. Alberto Mariño era unha delas. Non son poucas, con todo, as persoas que tiveron o privilexio de escoitalo, empezando polo alumnado e profesorado dos diversos Institutos nos que impartiu clases, o público asistente ás súas conferencias, a participativa comunidade dos Seminarios de Filosofía e de Psicanálise que animaba de modo tan estimulante nesta cidade. Vaia esta homenaxe, aberta a toda a xente que ama o pensamento, como recoñecemento dunha gran débeda.

Filosofía e psicanálise son campos irmandados desde o momento en que esta quere afondar nas estruturas psíquicas do suxeito e aínda iluminar canto de ilusorio hai nesta categoría e todo o construído desde ela. Eran ambos campos de interese e estudo de Alberto Mariño, que coa intelixencia que lle caracterizaba nos axudou a penetrar. Este ciclo de conferencias programado en homenaxe súa, e aberto a toda xente sensible ás cuestións do pensamento, é dicir, a toda a sociedade, reúne algunhas voces de ambos campos, filosofía e psicanálise, para facer diversas calas sobre temas que nos apelan, que a ninguén deixan indiferente.
Nesta sesión inaugural contaremos co catedrático de filosofía da Universidade de Vigo Arturo Leyte, todo un referente recoñecido moi especialmente nos estudos sobre Schelling e Heidegger, de quen ademais é un afamado tradutor. De ninguén mellor que da súa man, para adentarnos nun discurso clave para pensar a nosa época, para calar niso que se chama modernidade e que se quixo vinculada á luz da Razón fronte ás escuridades do Mito. Canto de potencial crítico se agarde nun pensamento que pode adquirir un corte anti ilustrado poderá revelársenos a través da claridade e capacidade de transmisión de que sempre fai gala o noso invitado..