As rulas de Bakunin
De Antón Ribeiro Coello
Martes 4 de febreiro de 2020
A repercusión que tivo en nós a novela de Antón Riveiro Coello foi unánime: emocionounos.
A emigración, o compromiso político e a parte afectiva dos personaxes resume os tres puntos centrais da trama.
A evolución da vida do protagonista (libertario autodidacta, preso e mozo namorado) obríganos, nos saltos que o autor dá no tempo, a reflexionar sobre a súa madureza. O tono lírico e idealista tradúcese no propio estilo.
Destacáronse os recursos literarios e o léxico tan rico que, sendo culto, reconócese próximo, e acerca o texto ao lector sen a penas dificultade.
A importancia dos libros que aparecen no argumento contrasta coa ignorancia da xente do común, que o protagonista sostén como unha causa da miseria social. Consideramos que a historia dos anarquista olvidados da República, da Guerra e na posguerra é novidosa e tratada escasamente na literatura galega.
A solidariedade, os ideais máis nobres, as traizóns, a culpa, a fidelidade, a xustiza como vinganza e a lealdade avós-netos (Estevo/Camilo e Camilo/Lázaro), son os fíos que nos atraparon ao longo da lectura.
Atopáronse tamén eivas no relato, unhas veces demasiado lóxico na vida dos protagonistas ( a vida non semella ser así), e outras pouco desenvolvidas como a morte do avó Estevo ou o pasado de Ricardo. O final dramático de Lola tamén pareceu excesivo.
A elección desta obra pareceunos un acerto.