É necesaria unha universidade privada en Galicia?

É necesaria unha universidade privada en Galicia?
Con Manuel J. Reigosa, Reitor da Universidade de Vigo
Presenta Luis Otero
Martes 11 de febreiro, 19.30 horas
Biblioteca da EMAO 

Recentemente Abanca, a herdeira da Obra Social das Caixas de Aforro galegas, promoveu a Fundación Universidad Internacional de la Empresa co obxectivo de transformar o IESIDE (antiga Escola de Negocios da Caixa de Aforros) nunha Universidade privada. O tramite de autorización esixe a aprobación dunha lei específica de recoñecemento no Parlamento Galego. 

Antes do debate parlamentario, a iniciativa xa foi obxecto de discusión nos érganos de participación das universidades públicas de Galicia sendo tratado polo Consello do Goberno e polo Consello Social da Universidade de Vigo, así como polo Consello Galego de Universidades.

O Ateneo Atlántico quere colaborar no debate e para iso vai recibir o próximo martes dia 11, ás 19.30 horas, ao Reitor da Uvigo Manuel Reigosa; o acto terá lugar na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios. O acto será presentado por Luis Otero.

Trataremos de aclarar aqueles puntos que poden fundamentar o apoio ou rexeitamento da autorización dunha universidade privada:
  • Cal é o estado de saúde da universidade pública galega? 
  • Como funcionan as entidades privadas con convenio coa universidade pública? 
  • Hai carencias no mapa de titulacións ou na oferta de prazas? 
  • Existe unha demanda social que xustifique a incorporación dunha nova universidade? 
  • Como afectaría á selección do alumnado? 
  • Que recursos públicos recibiría a iniciativa privada? 
  • Sería beneficiosa unha competencia privada-pública? Podería darse unha competencia en pé de igualdade? 
  • En canto ao profesorado, habería compatibilidade de dedicación?
  • Como se está levando a cabo o debate nos órganos das universidades públicas? 
  • Pode falarse de liberdade de creación de centros universitarios?
Manuel Reigosa Roger
Excelentísimo e Magnífico Reitor da Universidade de Vigo.
Profesor da UVigo desde a súa creación en 1990.
Licenciado en Bioloxía e en Filosofía pola Universidade de Compostela, onde obtivo tamén o título de doutor en Bioloxía. Catedrático de universidade de Fisioloxía Vexetal. Participou con asiduidade en órganos de goberno, destacando o seu traballo nas tres comisións de estatutos, incluíndo a constituínte.
Foi secretario do Colexio Universitario de Vigo, director da Oficina de I+D, adxunto ao vicerreitor de Investigación, elixido dúas veces como decano da Facultade de Ciencias de Vigo (hoxe escindida en tres facultades), director do Departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo e vicerreitor de Investigación.
É autor de numerosos artigos de investigación, así como editor de cinco libros para editoriais como Kluwer o Springer, entre outras. Na actualidade e editor xefe de dúas revistas JCR (Thalassas y Allelopathy Journal) e participa como editor asociado noutras tres

 
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/