Serán Literario
Antígona. Relacións, fraternais?
Con Liliana Nogueira
Xoves 13 de febreiro, 19 horas
Espazo Cubo
Unha traxedia grega das de verdade.
Antígona é un enfrontamento de gran dramatismo constante entre dous personaxes: Antígona e Creonte. Unha é defensora da lei natural e ama ao seu irmán, ao que debe dar honras fúnebres; o outro é defensor das leis da cidade que, desobedecidas, debe supoñer o castigo para o que as desobedeceu.
Antígona sufre un gran conflito consigo mesma, pois é consciente do que lle acarreará desobedecer as leis dos homes, sen embargo, a lei natural e o amor fraternal, serán máis fortes, sendo Antígona un personaxe verdadeiramente nobre e dramático. Cando Antígona se aforca e con ela o fillo de Creonte, Hemón, Creonte arrepíntese de ter sido tan inflexible e comprende a diferencia entre unhas leis e outras.
Antígona representa o amor fraternal levado á su máxima expresión. Cantos de nós estariamos dispostos a morrer por un irmán ou irmá xa mortos?
Temas de discusión
Consideremos a acepción de fraternidade nun sentido amplo, que transcenda ao de irmandade no sentido de que esta última se refira á relación de parentesco que hai entre irmáns e que ese concepto de fraternidade fose máis alá dos lazos de sangue, creando así un afecto máis universal, como sucede coas ordes relixiosas, as comunidades negras, Hell´AngelsBrother/Sister.- Se hoxe fósemos avogados defensores de Antígona, a que poderíamos apelar para salvala do castigo?
- As fraternidades ou irmandades tanto relixiosas como laicas, (Xesuítas, Irmáns da Caridade, Confrarías relixiosas, de oficios, -Confraría de pescadores de Vigo- , fraternidades universitarias, a mafia, etc.) teñen en común, entre outras cousas, o apoio mutuo. Defenderíamos algunhas delas que, apelando a este amor fraterno, encubriron ou seguen a encubrir crimes? Por exemplo o kukuxklán, os masóns ou a igrexa católica, do mesmo xeito que o faríamos con Antígona?
- Da mesma maneira, denunciaríamos a un abusador ou maltratador se fose un familiar ou amigo?
- A filántropos como Bill e Melinda Gates, Mark Zuckerberg, Amancio e Sandra Ortega, Familia Entrecanales..., móvelles o seu amor fraternal pola humanidade?
- Recreando o concepto de cidadanía mundial, de veciñanza global, en fin, de fraternidade universal, que connotacións ten no noso mundo a desobediencia civil e a obxección de conciencia? (Pensemos no caso dos tres bombeiros sevillanos acusados de “tráfico de persoas en grado de tentativa” por acudir ao rescate de inmigrantes que fuxían da guerra de Siria no mar Exeo. A resolución, de absolución, ten sido entendida pola ONG dos acusados, Professional Emergency Aid, coma un acto de “xustiza” e “un espaldarazo á axuda humanitaria”, que estaba a ser criminalizada.)
- E con respecto á eutanasia? Como se resolve este conflito entre a lei e a autodeterminación moral?