Serán Literario: As Distopías

Seráns Literarios
Con Liliana Nogueira Pache
As Distopías
Xoves 12 de marzo de 2020
Espazo Cubo, 19 horas

A RAE. Utopía

Do lat. mod. Utopía, illa imaxinaria cun sistema político, social e legal perfecto, descrita por Tomás Moro en 1516, e este do gr. οὐ ou 'no', τόπος tópos 'lugar' e o lat. -ia '-ia'.

1. f. Plan, proxecto, doutrina ou sistema desexables que parecen de moi difícil realización.

2. f. Representación imaxinativa dunha sociedade futura de características favorecedoras do ben humano.

Distopía

Representación ficticia dunha sociedade futura de características negativas causantes da alienación humana.


Pero, que é en realidade a Distopía? Podemos dicir que é o término oposto a utopía. Como tal, designa un tipo de mundo imaxinario, recreado na literatura ou o cine, que se considera indesexable. A palabra distopía fórmase coas raíces gregas δυσ (dys), que significa ‘malo’, e τόπος (tópos), que pode traducirse como ‘lugar’.


A distopía formula un mundo onde as contradicións dos discursos ideolóxicos son levadas ás súas consecuencias máis extremas. Neste sentido, a distopía explora a nosa realidade actual coa intención de anticipar como certos métodos de condución da sociedade poderían derivar en sistemas inxustos e crueis. Por exemplo, unha nación onde se exerza un rigoroso control estatal para garantir unha sociedade organizada, feliz e conforme, podería derivar nun réxime totalitario que reprime ao individuo e cercea as súas liberdades en función dun suposto benestar xeral.

De aí que a distopía advirta sobre os perigos potenciais das ideoloxías, prácticas e condutas sobre as cales se erixen as nosas sociedades actuais: o socialismo, o capitalismo, o control estatal, o consumismo, a dependencia tecnolóxica, as trasnacionais, etc.


Se poderá dicir que a distopía é o oposto á utopía. Pero, máis ben, é a súa antíteses. Atribúese a John Stuart Mill o primeiro uso documentado do término no curso dunha intervención parlamentaria en 1868. Mentres a utopía imaxina un mundo onde as doutrinas se acoplen de maneira harmoniosa no funcionamento das sociedades, a distopía, pola súa banda, toma a base da formulación utópica e lévaa ás súas consecuencias negativas máis extremas. De aí que formulacións utópicas disciplinantes, que a primeira vista poderían parecer sistemas ideais, na distopía convértense en realidades indesexábeis, onde as doutrinas erixen sistemas totalitarios, inxustos, espantosos e insoportábeis.


Durante o século XX e o que levamos do XXI, as formulacións distópicas, como fábulas futuristas ou de ficción de anticipación, teñen ido medrando en popularidade. Mostra disto é a súa adaptación a temáticas de ciencia ficción, que teñen mostrado novos ámbitos imaxinarios cara aos cales crecer; neste senso atopamos obras como O informe da minoría, de Philip K. Dick, (1956) levada ao cine; outra película Soylent Green (1973) baseada na novela Fagan sitio, fagan sitio de Richard Fleischer, (1956) ou Os xogos da fame de Suzanne Collins (2008).


Estes son os libros elixidos por Liliana Nogueira, coordinadora dos nosos Seráns Literarios, para o debate; pero, coma sempre, non se trata dun listado pechado: cada quen ten os propios, que seguro que alimentarán o faladoiro.



1984, do británico George Orwell (1948).

Un mundo feliz, do tamén británico Aldous Huxley (1932).

Farenheit 451, do estadounidense Ray Bradbury (1953).

Nunca me abandones, de Kazhuo Ishiguro, británico de orixe xaponés (2005).

O conto da criada, da canadense Margaret Atwood (1985).

A Estrada, do estadounidense Cormac MacCarthy (2006).

Ademais, outros títulos significativos para o debate poden ser obras como o Ensaio sobre a cegueira, de José Saramago (1995), A Caverna, tamén de Saramago (2000), Mañá aínda. Doce distopías para o século XXI, Antoloxía de Ricardo Ruiz Garzón (2014), O Sistema, Ricardo Menéndez Salmón (2016), Homo Lubitz, tamén de Menéndez Salmón (2018), Rendición, de Ray Loriga (2017) ou A república luminosa, de Andrés Barba, (2017).



No seguinte enlace podemos atopar, ademais, un listado de autores españois distópicos que abarca desde 1879 até 2018: Autores españois de distopías 1879-2018
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/