Presentación do libro A desfeita, de Alber Camus
Edicións Espiral Maior
Tradución ao galego de X. Manuel Beiras
Coa presenza do autor e do editor, M. Anxo Fernán-Vello
Presenta Laura Caveiro
Xoves 27 de febreiro, 19.30 horas
Biblioteca da EMAO
Da man do Ateneo
Atlántico de Vigo volve o Xosé Manuel Beiras tradutor do francés,
o xoves 27 de febreiro ás 19.30 hora na biblioteca da EMAO, para
presentarnos a súa versión en lingua galega de “La Chute”, a
derradeira novela de Albert Camus.
A editorial Espiral Maior
publica “A desfeita”, título desta recente edición, arrequecida
cun prólogo do propio tradutor e un epílogo de Roger Quilliot.
Intervirá tamén na
presentación o director da editorial, Miguel Anxo Fernán-Vello.
Polo Ateneo Atlántico,
presenta o acto a escritora Laura Caveiro.
Sobre “A desfeita”:
Editada orixinariamente
por Gallimard en 1956, un ano antes de que lle concederan a Camus o
premio Nobel de Literatura, considérase unha das obras literarias
máis atraíntes da súa época. Será Jean-Baptiste Clamence,
enigmático avogado ou máis ben xuíz-penitente, protagonista da
desfeita á que alude o título, sempre a lle facer confesións a un
interlocutor invisible. Cada pregunta e cada situación fican
gravadas na memoria de quen as le, e son sempre susceptibles de
diversas interpretacións e distintos niveis de lectura.
Sobre o tradutor e
prologuista de “A desfeita”:
Xosé Manuel Beiras
(Santiago de Compostela, 1936), economista, ensaísta e político,
ten unha traxectoria pública de todos coñecida como referente do
nacionalismo galego. Figura clave na Galicia contemporánea,
catedrático de Estrutura Económica da Universidade de Santiago, e
autor do famoso ensaio “O atraso económico da Galiza”.