Club de lectura. Lluvia fina

Club de lectura do Ateneo Atlántico
Sesión do mes de marzo (3 de marzo)
Lluvia fina
De Luis Llandero

Asistimos 11 persoas.
Das persoas asistentes algunhas estaban entusiasmadas coa obra,  e outras,  non tanto; dadas as expectativas que as críticas excelentes á novela pululaban por todos os medios, houbo algunha decepción. 


Os comentarios positivos baseábanse na boa escrita, aínda que parecese pouco coloquial a fala dos protagonistas. Gustou a estrutura en terceira persoa (as conversas por teléfono son o fío condutor da trama) e a  descrición dos personaxes, sobre todo o retrato da nai que, querendo o mellor para os seus fillos, idea na que ela insiste, non os deixa medrar nin lles mostra cariño.
Dogmática, calculadora, fría (nin chora cando morre o seu home), castradora e patriarcal, a nai é  a orixe e o pretexto para as diferentes visións que as fillas e o fillo dan da realidade. Visións  distorsionadas pola memoria ou desmemoria, xa que todos mentimos, na ficción ou na vida real,  para saír  favorecidos. 
Víronse  coma discordantes e pouco cribles os trazos da personalidade dos que formaban esa familia tan disfuncional. Mesmo analizouse a novela coma un tratado de patoloxías con pinceladas de tremendismo que, quizais, non fosen necesarias.
Construída en espazos asfixiantes, nun tempo baleirado de conflitos sociais que, aínda que existisen,  non tiveron cabida nunha novela atemporal e intimista como "Lluvia fina".
"Os relatos non son inocentes e non é verdade que as palabras as leva o vento".
Así comenza a novela, e, nisto todas acordamos.
O título tamén nos interesou con discrepancias : é acaído ou non?;  as palabras son como unha chuvia fina  que vai calando amodo en todos ou chove e chove  ata  enchoupalos?
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/