Concepción Arenal. Vida, pensamento e acción

Concepción Arenal. Vida, pensamento e acción
Con Celia Pereira Porto e Mª Xosé Porteiro
Venres 6 de marzo, 19.30 horas
Casa Galega da Cultura
O Ateneo Atlántico quere sumarse á celebración do aniversario do nacemento, hai douscentos anos, da ilustre pensadora cuxo panteón está nun cemiterio da nosa cidade.
Concepción Arenal tivo unha longa vida dedicada a mellorar as condicións de vida das mulleres e as persoas máis necesitadas.
Nesta primeira sesión destacaremos a súa figura e o seu legado, quedando para outono, e en colaboración co Consello da Cultura Galega, unha nova actividade que afonde na personalidade de Concepción Arenal.

Celia Pereira Porto
Doutora en Dereito (2000). Premio Extraordinario de Licenciatura (1994). Investigadora e docente da Universidade da Coruña até o 2005. Dende esa data exerce como avogada laboralista. Autora de diversas publicacións sobre a igualdade de xénero desde unha perspectiva xurídica, así como de diversos traballos sobre Concepción Arenal e Clara Campoamor. Membro do Padroado da Fundación Praza Pública, Secretaria da Fundación Vicente Risco e membro da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.

María Xosé Porteiro
Xornalista. Foi a primeira Concelleira de Igualdade do Concello de Vigo, foi deputada. Nestes momentos é Vice-valedora do pobo da Xunta de Galicia. María Xosé Porteiro é socia fundadora do Ateneo Atlántico .

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/