Románico e wolfram. Saída á comarca do Deza

Saída polas terras do Deza
Sábado 14 de marzo de 2019

Inspirados permanentemente pola satisfacción das asociadas do Ateneo Atlántico, o vindeiro sábado 14 de marzo organizamos unha nova actividade dunha das tipoloxías que máis seguidores convoca.

Será unha saída, nesta ocasión, polas terras do Deza e, máis en concreto, polo románico dos arredores de Silleda (Carboeiro, Ansemil, Breixa, Taboada), xantar en Vila de Cruces, e visita ao poboado mineiro de Fontao. Para os máis animosos, teremos unha pequeniña andaina desde o mosteiro de Carboeiro até a Ponte do Demo sobre o Deza).


Programa
9h. Saída do antigo Reitorado (rúa Areal)
Comenzaremos en Silleda tras unha breve parada técnica para café .
10.30/11.00 Visita Igrexa de Santiago de Taboada (Silleda)
11.30/13.30 Visita Museo da Minería do Fontao (Vila de Cruces)
14.00 Xantar Restaurante O Castro Vila de Cruces
16.00 Visita Igrexa Santiago de Breixa (Silleda)
17.00 Visita Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro, e breve paseo ata a antiga Ponte do Demo sobre o rio Deza
19.00 Visita San Pedro de Ansemil
20.00 Parada técnica en Lalín, e regreso a Vigo.

Datos Prácticos
Prezo: 35€ soci@s / 40€ para non soci@s (inclúe autobús, comida, e todas as visitas programadas)
Lugar de saída: Areal fronte o reitorado, 9:00h
Apertura do prazo de inscrición: luns 9 de marzo, 20 horas
Data límite inscrición: luns 11 de Marzo (ou ata que se cubran as prazas)
Data límite para o ingreso: xoves 13 de marzo, 23.59 horas
Número máximo de participantes: 50 persoas

Procedemento para a inscrición:
1) Encher o seguinte cuestionario para a reserva de prazas: LINK
2) Facer o pagamento polo total das prazas reservadas (máximo dúas por persoas por cuestionario) na conta do Ateneo (ABANCA  ES96 2080 5000 6430 4035 5222) indicando no CONCEPTO o nome da persoa que figura na reserva previa.
Por motivos de organización, as prazas non se consideran reservadas ata completar os DOUS procedementos (cuestionario + pagamento).
3) Data límite para facer o ingreso: Venres, 13 de Marzo ás 12 horas.

Máis información sobre as visitas
Se ben a mina viña traballando dende o século XIX, o poboado de O Fontao inaugurouse en 1956 e estivo habitado ata o peche da mina en 1974. César Cort e Xoaquín Basilio Bas planearon un poboado completo nunha interesante (e atípica na era franquista) arquitectura racionalista. O poboado, e ademais das vivendas dos traballadores, incluíe diversos equipamentos complementarios: campo de fútbol, escola, vivendas para os mestros, cine e unha igrexa. Despois de máis de 30 anos de abandono e deterioro, en 2010 a Xunta de Galicia acometeu a rehabilitación das vivendas para ofrecelas como vivendas sociais.
Hoxe, o cine está transformado en salón de actos e a igrexa e a escola en museo.
O poboado está recollido e catalogado no el rexistro de vivenda moderna do DOCOMOMO Ibérico.
 


Santiago de Breixa : A Igrexa románica, construída en cantaría, posúe unha soa nave e ábsida cuadrangular. Malia que o exterior é moi sobrio, conserva varios canzorros románicos, concentrándose a decoración no interior. Aquí atópase un fermoso altar románico cun dobre arco de medio punto. Máis o que realmente fai única a esta igrexa é o variado conxunto de capiteis no que se amosa un bestiario medieval con animais fantásticos: centauros, sereas, grifos, serpes, aves, …. Todos en moi bo estado de conservación e cos nomes nalgunhas das figuras.

San Lorenzo de Carboeiro: unha das obras arquitectónicas do románico serodio, de transición ao gótico, máis destacables de Galicia. Trátase dun mosteiro beneditino fundado no século X e que viviu os seus momentos de maior esplendor entre os séculos XI e XIII do que se conserva en moi bo estado a súa igrexa e algúns dos departamentos monacais, grazas aos traballos de restauración e recuperación realizados a partir da segunda metade do século XX.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/