A gripe de 1918 en Vigo

Os martes, na casa
A pandemia do século XX e unha viaxe literaria
A gripe de 1918 en Vigo
Con Xosé Carlos Abad Gallego
Wagner Gutiérrez Barreira
Modera. José Luís Mateo
Martes 19 de maio, 18 horas
Na canle de Youtube do Ateneo 


Seguindo co ciclo Os martes, na casa (co Ateneo Atlántico), o próximo martes, 19 de maio, ás 18 horas, presentamos o coloquio A gripe de 1918 en Vigo, co subtítulo, A pandemia do século XX e unha viaxe literaria.
Trátase dunha charla sobre o acontecido na nosa cidade durante a gripe de 1918.
Xosé Carlos Abad falaranos das semellanzas e diferenzas coa actual pandemia do Covid-19 e debuxará un relato sobre a reacción das autoridades viguesas da época, así como as repercusións sanitarias, económicas e sociais.
A expansión da gripe levaranos ata Brasil con Wagner Gutiérrez; o virus chegou desde España a Brasil viaxando barco desde España: a pandemia como inspiración literaria.

 Xoán Carlos Abad Gallego

Xoán Carlos Abad é Historiador, profesor de Secundaria, membro fundador e actual Presidente do Instituto de Estudos Vigueses.
Investigador e divulgador da historia de Vigo, é autor dunha extensa bibliografía sobre a historia local. Espertando dun soño, Vigo 1936; Héroes o forajidos; Días negros: crónica dalgúns dos feitos que encheron de dor e morte o sur da provincia de Pontevedra: ate 1936; Máis días negros (dende 1936 a 1978); Cen personaxes en torno a unha guerra; A República e a Guerra Civil na comarca de Vigo a través dos seus protagonistas; O soño crebado, etc.
Autor dun libro sobre a pandemia da gripe de 1918 en Vigo e a súa contorna, “E o outono tinguiuse de loito. A gripe de 1918 nas terras de Vigo”, publicado polo Instituto de Estudos Vigueses.

Wagner Gutiérrez Barreira

Brasileiro de São Paulo, de ascendencia galaico portuguesa.
Xornalista, traballou en revistas de divulgación histórica como Veja, Aventura na Historia ou en medios xornalísticos como O Estado de Sãao Paulo ou a TV Cultura. Foi editor da editorial Abril.
É autor dunha biografía sobre “Limpiãao e Maria Bonita” (Ed. Planeta Brasil, 2018), e está a piques de rematar unha novela titulada “Demerara” que alude ao nome do barco que levou a gripe desde Europa aos portos brasileiros de Recife, Salvador e Río, introducindo así a infección no Brasil.

José Luis Mateo Álvarez

Actuará como moderador o historiador, libreiro e membro do Instituto de Estudos Vigueses e do Ateneo Atlántico, José Luis Mateo.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/