Comunicado do Ateneo Atlántico
Vigo, 8 de maio de 2020
A Xunta Directiva do
Ateneo Atlántico na súa última sesión celebrada telematicamente,
acordou trasladar ás persoas asociadas e ao conxunto da sociedade
viguesa as informacións que detallamos a continuación.
Dende o pasado 20 de abril
o Ateneo de Vigo, despois de suspender a programación presencial por
mor do confinamento, vén de retomar a súa actividade axeitándoa á
nova realidade e centrándose na modalidade telemática.
As actividades que estamos
a desenvolver no momento actual son:
- Elaboración dun “boletín semanal” que sirva de cos nosas afiliadas e simpatizantes; este Boletín conta coa información das actividades e curso e a posibilidade de recollida de suxestións.
- Continuar coa programación do Club de Lectura organizada polo “literAteneo”.
- A pasada semana analizouse o libro “Seique” coa participación da súa autora Susana Sánchez Aríns tendo un importante seguimento nas redes.
- O próximo libro elixido para compartir é “Patagonia Express” de Luis Sepúlveda.
- Xogos literarios semanais. O primeiro, ata o 7 de maio, baixo a modalidade de “Refachos”; tratábase de crear variacións a partir dun poema previamente escollido.
- O próximo xogo xirará arredor da realización de “Microrelatos”.
- O terceiro, aínda en fase de preparación, será sobre a forma de expresión poética do “Haiku”. Neste caso programaremos un par de sesións online para que un especialista nos fale de que son e de como elaborar Haikus.
- Como elemento motivador, este xogos están dotados cun recoñecemento semanal de 50 euros para gastar nunha libraría da nosa cidade.
- As bases, así como a concreción de diversos aspectos, explicítanse no Blog do Ateneo Atlántico ( ateneoatlantico.gal ).
- No blog tamén se poden ler as colaboracións que imos recibindo.
- Decidimos abrir o noso Blog como Pública Galería das creación artísticas que se producen na nosa cidade durante o confinamento e que as autoras teñan a ben compartilas: imaxes, reflexións, música, vídeos, poemas, críticas, pinturas, libros, conferencias, recomendacións...
- Para acceder á publicación de achegas hai que remitilas ao enderezo de correo creado especificamente para esta ocasión: ateneonacasa@mail.com
- Continuar coas sesións do Cineclub organizado polo “cinemAteneo”: previa visualización da película seleccionada, o coloquio será a través das nosas redes sociais e en aberto.
- Instaurar os que demos en chamar Martes do Ateneo. Serán conferencias online que, na medida do posíbel, terán un compoñente interactivo:
- Martes 12 de maio ás 18h: “Gloria e dor do libro galego”: unha reflexión sobre a situación do mundo editorial en Galicia. Para este acto contaremos coa participación de Fran Alonso (Xerais), Malores Villanueva (Galaxia) e Moisés Barcia (Rinoceronte).
- O martes 19 de maio, ás 18h, falaremos da gripe española de 1918 na área de Vigo. Contaremos coa colaboración do presidente do Instituto de estudos vigueses, X. Carlos Abad e do investigador Xosé Luis Mateo, membro tamén do citado Instituto.
- Martes 26 de maio ás 18h: Continuando co ciclo “As novas masculinidades”, charla con Jorge G. Marín, coordinada por Luisa Abad, baixo o título “Por que é tan difícil que os homes cambien?”
Para conmemorar as Letras Galegas 2020, dadas as especiais características do momento, e co título "E logo..., ti de quen vés sendo?", o Ateneo Atlántico de Vigo inicia unha campaña para escoller os 10 libros da Literatura Galega que máis gustaron aos lectores e lectoras. Información ampliada, así como formulario de participación, no blog do Ateneo (ateneoatlantico.gal)
Noutra eido, acordouse,
tamén, o deseño e desenvolvemento doutras dúas liñas de actuación
a través das opcións que ofrece Internet: “Falar de Vigo /
Historias da cidade” (conversas con distintas persoas da cidade
sobre acontecementos escasamente coñecidos) e “Viaxar sen saír da
casa” (percorridos virtuais da man de expertos a lugares de Galicia
e Portugal para profundar nos seus aspectos culturais e sociolóxicos
máis interesantes).
Asemade, acordouse a
suspensión do cobro das cotas aos socios mentres non se volva ao
funcionamento habitual de actividades presenciais e o orzamento do
Ateneo o permita.
Por último decidimos
facer pública a nosa inquedanza pola grave situación que atravesa a
sociedade no ámbito Cultural considerado no seu máis amplo
concepto.