Xoguemos aos microrrelatos

AteneoNaCasa

Xoguemos aos Microrrelatos


Dentro dos Xogos semanais, o Literateneo proponos un segundo xogo: escribamos un microrrelato.

Bases:

  • Poderán participar todas as persoas que o desexen.
  • Cada participante poderá enviar tantos microrrelatos como queira.
  • O microrrelatos terán unha extensión máxima de 200 palabras.
  • Poderán estar escritos en galego ou en castelán.
  • Cada microrrelato deberá vir co seu título correspondente.
  • Deberá comezar por unha destas tres frases:
    • De hoxe en oito días chegará a primavera...
    • Doutor, teño un soño recorrente...
    • Onde van os pensamentos cando non pensamos neles?
  • ... ou polo seu equivalente en castelán.
  • Os microrrelatos enviaranse ao enderezo electrónico do AteneoNaCasa (ateneonacasa@gmail.com)
  • A data límite para a recepción de achegas será o 20 de maio.
  • A medida que vaian chegando, os microrrelatos publicaranse neste mesmo blog.
  • Despois do 20 de maio abrirase un sistema para poder votar o microrrelato que máis lle gusta a cada quen.
  • O microrrelato con máis votos, ou aquel que decida a comisión do Literateneo, recibirá un agradecemento de 50€ a gastar nunha libraría de Vigo.

Anímate e participa!




/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/