Os martes, na casa
Gloria e dor do libro galego
Moisés Barcia (Ed. Rinoceronte)
Fran Alonso (Ed. Xerais)
Malores Villanueva (Ed. Galaxia)
Luisa Abad (Ateneo Atlántico)
Martes 12 de maio, 18 horas
Na canle de Youtube do ateneo
Moisés Barcia (Ed. Rinoceronte)
Fran Alonso (Ed. Xerais)
Malores Villanueva (Ed. Galaxia)
Luisa Abad (Ateneo Atlántico)
Martes 12 de maio, 18 horas
Na canle de Youtube do ateneo
O martes 12 de maio, ás18 horas, poñemos en marcha unha nova experiencia: os martes, na casa.
Trátase de adaptar unha parte da actividade do Ateneo Atlántico ás novas condición sociais obrigadas polo coroavirus, neste caso, a través de charlas-coloquio emitidas a través de Internet.
As charlas que están programadas para os próximos tres martes son:
- Martes 12 de maio, Gloria e dor do libro galego
- Martes 19 de maio, A gripe de 1918 en Vigo
- Martes 26 de maio, Por que é tan difícil que os homes cambien?
Gloria e dor do libro galego
Aproveitando esta Semana das Letras tan inusual, comezaremos por analizar a realidade actual do libro galego a través do punto de vista das editoras. Para isto contaremos coa presenza de Fran Alonso, de Edicións Xerais, de Malores Villanueva, de Editorial Galaxia, e de Moisés Barcia, de Editorial Rinoceronte presentados por Luisa Abad do Ateneo Atlántico
Martes 12 de maio de 2020, 18 horas, na canle de Youtube do Ateneo Atlántico de Vigo.
Procedemento para seguir as charlas
. As persoas interesadas en ver-escoitar o coloquio poderán facelo a través da canle de Youtube do Ateneo ou neste mesmo blog.. Para o tempo das preguntas, poderán facelas por escrito a través da propia canle de Youtube.