e logo, ti...

e logo, ti..., de quen vés sendo?

O Ateneo Atlántico busca os mellores libros da Literatura Galega
(segundo os lectores e lectoras)

Vídeo promocional da campaña

Para conmemorar dun xeito especial este atípico Día das Letras de 2020, o Ateneo de Vigo embárcase nunha actividade sen precedentes.

Pretendemos chegar ao maior número posíbel de lectoras para que nos digan cales son os libros galegos que máis nos gustaron.

Teatro, literatura xuvenil, narrativa, banda deseñada, actual, poesía, infantil, clásicos..., todo vale.
 Non se trata de poñer límites.

Cada quen pode propoñer os libros da historia da Literatura Galega que máis pegada lle deixaron. A única condición é que pertenzan por dereito propio á Literatura Galega (escritos orixinalmente en Lingua Galega).

Non se trata dos tópicos, dos preferidos da crítica e tampouco dos que, obrigatoriamente, deberían estar nunha lista así. Buscamos, simplemente, os que máis nos gustaron, os que máis pracer produciron en nós durante a lectura ou a través dos recordos.

A votación pode facerse cubrindo o formulario seguinte:


ou ben mandar un correo a
ateneonacasa@gmail.com

cun listado ordenado de títulos (acompañado do correspondente autor ou autora
 
Como última alternativa, tamén recollemos propostas a través de Whatsapp ou SMS no noso número de teléfono:

696 856 947

 E se a ti se che ocorre outro xeito de participar e poñerte en contacto con nós, benvido sexa!

Para elaborar o listado definitivo con todos os votos recibidos, outorgaremos 10 puntos á obra que en cada caso ocupe o primeiro lugar da lista; 9 puntos a segunda, 8 a terceira..., e así sucesivamente ata chegar ao posto número dez; a partir de aquí, incluído, todas as propostas recibiran un punto.

Vídeo promocional da Campaña



Periodicamente iremos actualizando os resultados coas respostas recibidas neste mesmo blog.
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/