Da Investigación mariña á Cultura oceánica

O Ateneo no día mundial dos Océanos
Da Investigación Mariña á Cultura Oceánica
Con Luisa Martínez Lorenzo
Presenta Pepe Pintado Valverde
Martes 9 de xuño, 18 horas
Canle de Youtube do Ateneo

Que é a Cultura Oceánica? Que océano queremos? Que precisamos coñecer para conseguilo? Pode a sociedade contribuír a cambiar o océano? Como facer chegar a Ciencia Mariña á sociedade?

Para falar destes temas, e con motivo do Día Mundial dos Océanos, o próximo martes día 9 de xuño teremos con nós á responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia, Luisa Martínez Lorenzo, que conversará con Pepe Pintado, investigador e Vicedirector de Cultura Científica no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.

Luisa Martínez Lorenzo

Oceanógrafa e responsable da Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia desde o ano 2008. Ten experiencia no deseño, coordinación e desenvolvemento de accións de divulgación científica tanto en Galicia como no ámbito estatal, participando tamén en accións a nivel europeo, e especialmente naquelas relacionadas coa investigación mariña. Destaca a súa participación en accións que achegan a Ciencia a través da cultura e o lecer, con actividades como conversas entre ciencia e literatura, obradoiros de arte e ciencia, exposicións,  obras de teatro, etc., e naquelas de dan visibilidade á muller e ao persoal técnico na investigación. Co-autora de varios materiais didácticos e guionista de teatro científico, é ademais autora do álbum ilustrado “Puf! Vaia peido” da Editorial Galaxia, e Directora da Colección de divulgación científica Lanterna de Aristóteles da mesma editorial.

Pepe Pintado Valverde

É investigador no departamento de Ecoloxía e Recursos Mariños do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, en Vigo. En paralelo ao seu traballo de investigación, coordina e participa habitualmente en actividades educativas e de divulgación científica, en medios, conferencias, eventos ou publicacións, e é na actualidade Vicedirector de Cultura Científica no IIM-CSIC. Vicedirector de Cultura Científica I Deputy Director for Engagement with Society
/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/