En streaming, vía Internet
Mesa redonda: As orixes de Vigo, galaicos e romanos
22 de outubro, 19 horas
RKVradio.com
Canle de YouTube do Ateneo
Para retomar a actividade despois das vacacións estivais, e atento sempre á situación sanitaria do país, o Ateneo Atlántico de Vigo inaugura a tempada coa primeira proposta dun ciclo que percorrerá a historia da nosa cidade cunha visión centrada na nosa cultura e patrimonio.
O ciclo desenvolverase ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro e pretendemos analizar os diferentes momentos da historia, desde a creación do primeiro núcleo poboacional ata o día de hoxe.
Por mor das restricións derivadas da crise
do Covid-19, e para evitar todo risco de contaxio, as actividades
deste ciclo realizaranse sen presenza de público en directo.
O seguimento será vía
Internet.
Por primeira vez, e para garantir unha calidade óptima na retransmisión, o Ateneo contará coa colaboración dunha asesoría profesional: RKVradio.com
Nos próximos días iremos informando das diferentes plataformas nas que poderemos seguir as actividades en directo.
As orixes de Vigo: galaicos e romanos.
Comezamos, como non podía ser doutro xeito, polo principio, cunha mesa redonda para falar das nosas orixes e da influencia que tiveron na formación dun asentamento inicial os galaicos e os romanos.
O acto terá lugar o vindeiro xoves 22 de outubro ás 19 horas e contará coa participación de:
Manuel Santos Estévez. (Vigo, 1968).
Arqueólogo e doutor en Historia pola Universidade de Compostela. É investigador do Laboratorio de Arqueoloxía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e, dende 2009, traballa no Instituto de Historia do CSIC en Madrid. Entre os seus traballos de campo destacan os realizados en Campo Lameiro. É autor, entre outros, do libro Petroglifos y paisaje social en la prehistoria reciente del noroeste de la Península Ibérica (IEG Padre Sarmiento en colaboración co CSIC, Madrid, 2008), e do recente Búrbida. As orixes de Vigo (Toxosoutos, Noia, 2020).
Xulio Carballo Arceo. (Silleda, 1955).
Arqueólogo, doutor en Historia, foi profesor da Universidade de Compostela. Na actualidade é Arqueólogo do Servizo de Patrimonio da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U. en Pontevedra. Ten dirixido diversas actuacións arqueolóxicas en Galicia (Castro de Forca, Tradeza, Lugo...), e participado en prospeccións e escavacións en Galicia, País Vasco, Portugal e Francia. Entre outras obras ten publicado Guía de los castros de Galicia, (Nigratrea, Vigo, 2005) ou Arqueoloxía de Galicia: itinerarios polo pasado, (Nigratrea, Vigo, 2006).
Silvia Penas Estévez. (Vigo, 1980).
Poeta. Estudou Filoloxía Galega na Universidade de Vigo e foi profesora de Lingua e literatura galegas. Pertence ao colectivo Redes Escarlata. Ten publicado, entre outros libros de poemas, As uñas crecen (Sotelo Blanco, Vigo, 2014) ou Fronteira paraíso (Urutau, Brasil, 2019. Con fotografías de Andrés Tejada). Entre outras disticións cómpre destacar o Premio de Poesía Victoriano Taibo (2012), o Premito Lueiro Rey (2012) ou o Premio de poesía Avelina Valladares (2015).