Vacinas en tempos de pandemia

Vacinas en tempos de pandemia

África González Fernández
Víctor del Campo Pérez

Modera: Carmela García González

Xoves 26 de novembro, 19 horas

A través deste mesmo blog
A través da canle de Youtube
(Enlace)

O Ateneo Atlántico desexa contribuír ao debate e a reflexión sobre os complexos tempos que estamos a vivir, froito dunha situación excepcional debido á COVID 19. As repercusións na saúde da poboación, as limitacións para a mobilidade das persoas, os impactos no desenvolvemento económico da sociedade son efectos dunha enorme pegada para a vida das persoas, a economía e a saúde pública.

Deste xeito o Ateneo Atlántico vén de preparar un acto público de debate baixo o título “Vacinas en Tempos de Pandemia”. No mesmo tomarán parte dúas persoas da nosa cidade, de gran prestixio profesional, que desenvolven o seu labor profesional na primeira liña no combate contra a pandemia.

África González e Víctor del Campo son doutores en Medicina, a primeira especializada en Inmunoloxía e o segundo en Medicina Preventiva.
Carmela García, que actuará como moderadora, é catedrática de Bioloxía e membro do Ateneo Atlántico. 

O acto terá lugar o xoves 26 de novembro de 2020, ás 19 horas.
Por mor das circunstancias, non terá público en directo e poderá ser seguido a través da canle de Youtube do Ateneo Atlántico.

Enlace para seguir o acto a través de Youtube

África González Fernández.

É catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo, foi Directora do Centro de Investigación Biomédicas da Universidade de Vigo, forma parte da Asociación Española de Inmunoloxía da que foi presidenta ata o ano pasado. Participo una fundación de NanoImmunoTech S. L., empresa centrada na aplicación da nanotecnoloxía. Ten formado parte de varios comités de asesoramento sobre pandemias e vacinas.

Víctor del Campo Pérez.

É xefe do Servizo de Medicina Preventiva e Unidade de Prevención de Riscos Laborais do hospital Álvaro Cunqueiro. É membro da Sociedade Española de Medicina Preventiva, Saúde Pública e Hixiene. Foi responsable do equipo de referencia para o seguimento de casos de ébola en Galicia.

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/