Literatura, Ecoloxía e Compromiso
Valentín Carrera
Oriana Méndez
Xoves 17 de xuño, 19 horas EMAO
O próximo 17 de xuño, xoves, ás 19 horas, na EMAO, e dentro do formato Conversas Literarias, Oriana Méndez e Valentín Carrera conversarán arredor do tema Literatura, ecoloxía e compromiso.
A entrada será libre ata completar o aforo do local, sometido ás actuais restricións motivadas polo Covid.
Valentín Carrera (Ponferrada, 1958), é escritor e periodista.
Doutor en Belas Artes e Licenciado en Filosofía e Ciencias da educación.
Desde 1971 traballa en diferentes medios de prensa escrita, radio e televisión.
Como escritor, é autor de numerosos libros de ficción, de viaxe e de ensaio.
Foi cronista -para a Axencia EFE, a Axencia Galega de Noticias e o diario El País-, da primeira expedición española á Antártida; plasmou as súas experiencias no libro Viaje a los mares de la Antártida.
No eido do audiovisual, e, entre outras, dirixiu as series Os viaxeiros da luz e Linatakalam, sendo este o primeiro audiovisual promovido e patrocinada pola Alianza de Civilizaciones.
Hoxe, con nós, presentará o seu último libro: Campechano, el Macho Elfo, en palabras propias, "unha novela que ispe a monarquía machirula.”
Licenciada en Filoloxía Galega pola Universidade de Compostela.
A súa carreira como poeta comezou coa colaboración en diferentes revistas e a participación en colectivos poéticos (A Caramuxa, Burla Negra e Redes Escarlata, entre outros).
En 2014 gañou o Premio de poesía Concello de Carral co poemario O que precede a caída é branco, (Espiral Maior, 2015). En 2019 alzouse co máximo galardón no Premio Rosalía de Castro de poesía, convocado polo concello de Padrón en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro coa obra O corazón pronúnciase extenso.
No campo da tradución, fixo a versión galega de O amante, de Marguerite Duras, para Kalandraka (2020)
Hoxe comparte con nós o seu libro Interna, que recolle os poemas galardoados co Premio de poesía Afundación de 2020 (PEN Galicia, a Xunta de Galicia e Afundación, 2020).
Presentouse ás eleccións municipais 2019 para o Concello de Vigo no posto número dous da lista de Marea de Vigo.