Estamos de volta

O Ateneo Atlántico está de volta

Programación do último cuadrimestre

No camiño de volta á normalidade, o Ateneo Atlántico quere sumar o seu esforzo á recuperación do pulso cultural da nosa cidade.

A Xunta Directiva séntese forte e moi ilusionada con este novo capítulo da nosa historia e quere transmitir as súas sensacións ao colectivo da afiliación do Ateneo e, en xeral, a todo o sector da poboación que, potencialmente, pode formar parte das nosas seguidoras e seguidores.

Esperando recuperar a participación e colaboración nos actos que imos organizar que, a grandes liñas, son os seguintes:

  • Club de lectura. Periodicidade mensual, o primeiro mércores de cada mes. Na primeira xuntanza faremos a posta en común do libro do verán, O infinito nun xunco, de Irene Vallejo e decidiremos a lectura de novembro. Esta xuntanza terá lugar o mércores 6 de outubro, ás 18.30h no espazo Cubo
    Este pode ser un momento magnífico para te incorporares ao club.

  • cinemAteneo. Periodicidade mensual, o segundo mércores de cada mes. Recuperación das sesións presenciais nos cines Norte coa proxección do documental Billy, de Max Lemcke (subtitulado: Torturas, impunidade e silencio; voces desde o subsolo da democracia española) e o posterior coloquio.

    Recuperación do modelo Cine ao Cubo, no que se invita a un persoeiro da cidade a compartir -comentario, visión e coloquio- unha das súas películas de cabeceira.
    Convocatoria dunha sesión aberta a todas as asociadas para debater sobre a programación futura das actividades arredor do cine e animar a novas incorporacións ao grupo de traballo que se encarga de planificar e coordinar o cinemAteneo.
  • Ciclo de actividades polivalentes arredor da Historia de Vigo.

    A primeira será o 4 de novembro e xirará arredo do Vigo medieval; contará coa participación dun historiador e dunha experta nas cantigas de Martín Códax; por último teremos unha breve actuación de música medieval interpretada con arpa.
    O segundo capítulo xirará arredor do Vigo do século XIX.
  • Ciclo de conferencias en colaboración coa Rede para o Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo. Dará comezo o 14 de outubro e constará das seguintes propostas:

    • A crise enerxética

    • Repercusión da crise enerxética no sector da alimentación.

    • A escaseza das terrar raras.

    • Antropoceno e desaparición da diversidade.

    • Propostas para unha sociedade do decrecemento.

  • Charlas-coloquio para a presentación de novas publicacións; será unha mensual e xa podemos adiantar as que serán as tres primeiras.

    • Catas na memoria: a represión no Val Miñor, de Carlos Méixome

    • Clase y política en España I. Estructura social y clase media en la democracia postransicional, de Modesto Gayo.

    • A Barcelonesa, de Xabier Paz

  • Segunda andaina por Vigo dentro do ciclo Ensanche en conserva da man do arquitecto Nacho Hortas.

  • Organización dun curso de iniciación á cata do viño.

  • Edición da segunda revista do Ateneo; estará centrada no certame literario Exeria e nas actividades desenvolvidas ao longo do ano 2021.

  • Continuar coa campaña Mirando polos letreiros, que tantas satisfaccións ten dado ao Ateneo Atlántico. Trátase, como sabedes, da posta en valor do patrimonio gráfico da cidade.

De todo o anterior iremos informando polos medios habituais: correo electrónico, whatsapp e, en especial, a través desta web ateneoatlantico.gal

Recibide unha calorosa aperta e unha migalla da nosa ilusión para manter o Ateneo Atlántico no lugar que todas queremos que estea.

 

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/