cinemAnteneo

Convocatoria aberta da Comisión de cinema
Mércores 13 de outubro 18 horas Espazo Cubo

Estimadas persoas que conformades o Ateneo Atlántico de Vigo e compartides a paixón polo cinema: Acabamos de pasar unha dura etapa que nos impedía as reunións e o contacto persoal directo e durante a cal, desde a comisión de Cinema intentamos que no se perdera ese vínculo do que xuntos viñamos gozando.

Nin que dicir ten que atopar unha alternativa a nosa actividade cinéfila nese contexto foi un dos retos más difíciles de acadar. Pese a iso, fixemos todo o esforzo posible por manter ese fío malia que o resultado non sempre se correspondeu co esforzo que realizamos.

Tivemos que crear un formato novo para o que, en xeral, non estabamos preparados e ademais, faltábanos o intercambio de criterios con todos vós e a calor da vosa presenza.

Escollemos para a primeira actividade de cinema o tema da vivenda, porque o confinamento fíxonos tomar conciencia do resultado das políticas de deseño e habitabilidade tanto nas vivendas como nos espazos públicos.

A seguinte elección, “O Gran Manipulador”, pareceunos que aportaba unha radiografía de como podemos ser vítimas da des-información, a información interesada, e como se manexa a política entre bastidores. Por último, escollemos unha película de “anime”, para cambiar de estilo e dar a coñecer outro tipo de cinema que, aínda que emprega uns recursos artísticos distintos, pode transmitir unha mensaxe consistente.

Agora que se albisca volta aos encontros presenciais e contamos coa reapertura dos Cines Norte, temos programada a próxima actividade para o día 10 de novembro: a estrea de “Bily” na devandita sala, como viña sendo habitual. Pero dado o tempo transcorrido sen que tivésemos un intercambio presencial sobre a nosa paixón,, o cine, pensamos que é necesario que todas as persoas ateneístas que a compartimos, debemos ter unha reunión para intercambiar opinións e para iso, acordamos un encontro para o próximo mércores día 13 de outubro ás 18 horas no espazo CUBO.

Queremos coñecer as vosas propostas para as actividades da Comisión de Cinema nesta nova etapa, os cambios e suxestións que pensades que sería interesante implementar; en definitiva, cales son os vosos intereses e criterios con respecto ao cine e como poderiamos enfocar a programación para logralos.

Por outra parte, interésanos que vos animedes a incorporar novos membros á Comisión de Cinema. Así que, xa sabedes, agardámosvos, cheos de ideas novas e recibirémosvos con ilusión e agarimo.

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/