Ciclo Decrecemento
ALTERNATIVAS E SOLUCIÓNS
Miguel Anxo Abraira
Mario Pansera
Xoves 18 de novembro
19 horas. Salón de actos da ONCE
Convencidos de que o crecemento infinito é materialmente imposible nun planeta finito, o Ateneo Atlántico únese á Rede para o Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo na organización dun ciclo de conferencias de divulgación que poñan de manifesto tanto a imposibilidade do crecemento infinito como a posibilidade (a necesidade) dun xiro cara ao Decrecemento.
No día de hoxe chegamos ao final do ciclo coa actividade na que Miguel Anxo Abraira e Mario Pansera presentan as conclusións do ciclo en forma de "alternativas e solucións" á sociedade do crecemento infinito.
Miguel Anxo Abraira é presidente da Rede para o Decrecemento Eo-Navia/Galiza/O Bierzo, organizadora, xunto co Ateneo Atlántico, do ciclo.
Mario Pansera é Doutor en Manaxement e Investigador no ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) na Universidade de Vigo.
Presenta o acto, como vén sendo habitual, a nosa compañeira Remedios Copa, vocal na Xunta Directiva do Atneo e representante en Vigo da Rede para o Decrecemento.
O acto terá lugar o 18 de novembro, xoves, ás 19 horas, no salón de actos da sede da ONCE en Vigo (Gran Vía 16).
PROGRAMA COMPLETO DO CICLO
A crise enerxética
Xoves 14 de outubro
Xoán Ramón Doldán
Decano da Facultade de CC Económicas
e empresariais da USC
Presenta Remedios Copa
Da XD do Ateneo e representante da Rede en Vigo
Repercusión da crise enerxética
no sector da alimentación
Xoves 21 de outubro
Begoña de Bernardo
Enxeñeira agrónoma
Presidenta de Véspera de Nada
Presenta Remedios Copa
Tecnoloxización e Decremento
Mineiría extractiva de terras raras
Xoves 28 de outubro
Xulio Carmona
Coordinador confederal da área de dixitalización
e contaminación electromagnética de
Ecoloxistas en Acción
Iolanda Mato
Educadora ambiental. Fundação Montescola
medioambiental
Xoves 11 de novembro
Xabier Pumariño
Biólogo e Consultor ambiental
Montse Valencia
Asesora xurídica ambietalista
Ecoloxistas en acción
alternativas e solucións
Xoves 18 de novembro
Miguel Anxo Abraira
Presidente da Rede para o Decrecemento
Mario Pansera
Doutor en Manaxement e Investigador no ECOBAS (UVI)