Nova visita guiada á exposición Un humanismo moderno


Segunda edición da

Visita guiada á exposición

Un humanismo moderno
Colmeiro, Seoane, Picasso, Vertés

 con
Xosé Carlos López Bernárdez
(Comisario da exposición)

Xoves 13 de xaneiro, 18.30 horas
Casa das artes

 Debido ao éxito da primeira convocatoria, e para poder ampliar o número de persoas participantes na actividade, o Ateneo Atlántico comprácese en convocar unha segunda visita guiada á exposición Un humanismo moderno. Colmeiro, Seoane, Picasso, Vertès.
O anfitrión da visita será Carlos L. Bernárdez, comisario da exposición.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A VISITA

Dado o alto interese que suscita este tipo de visitas, vémonos na necesidade de realizar un proceso de solicitude previa e de selección entre as persoas solicitantes.
Mantéñense os criterios de selección aprobados e que se concretan en dar prioridade (que non será excluínte en ningún dos casos) ás persoas asociadas ao Ateneo Atlántico, a persoas que non participaron nas últimas visitas guiadas, e a orde de inscrición.

ENLACE Á SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN

O prazo para presentar solicitudes abrirase o luns 10 de xaneiro ás 20 horas

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/