Ciclo: Historia da cidade da oliveira
Vigo, de vila a cidade. Os corsarios. Marcó del Pont
Xoves 3 de febreiro de 2022
19 horas, Casa Galega da Cultura
José Martínez Crespo
Noé Massó
Presenta Anxo Cabada
Despois das dúas primeiras actividades do ciclo (As orixes de Vigo: galaicos e romanos e O Vigo medieval),
toca seguir avanzando neste ciclo que pretende presentar a historia da nosa cidade desde perspectivas diferentes.
Hoxe damos un novo salto no tempo para caer nos séculos XVII e XVIII, o período en que Vigo deixa de ser unha vila e adquire os galóns de 'cidade'.
No principio do período, o puño que daquela eran os vigueses, van quedar marcados polo acoso dos corsarios turco-berberiscos.
En apenas un século, Buenaventura Marcó del Pont instálase na nosa cidade, se cadra, como o primeiro industrial catalán que se afincou en Vigo. Ademais de comerciar cos corsos franceses, chegará a conseguir a súa propia patente para atacar os barcos portugueses e británicos nas consecuencias herdadas da Guerra de secesión americana. Os habitantes de Vigo xa se contan por algúns miles e moitos deles traballan nas industrias (corso, salazón, comercio marítimo...) de Marcó del Pont.
O ataque dos corsarios turco-berberiscos á Ría de Vigo en 1617.
José Martínez Crespo.
No
século XVII, os corsarios turco-berberiscos lograron estender as suas
actividades corsarias cara o Océano Atlántico grazas á adaptación do
modelo de barcos construídos e armados á europea. En 1617 os corsarios
turco-berberiscos iniciaron os seus ataques a Galicia co asalto á ría e
ás vilas de Bouzas e Vigo e o saqueo e queima de Cangas, ameazando ao
longo de todo o século de forma constante o comercio marítimo e as
poboacións costeiras, perxudicando as faenas da pesca e ameazando a vida
cotidiana dos galegos que vivían na costa e traballaban no mar. O
ataque destes corsarios musulmáns á ría e as consecuencias en xeral
desta actividade pirática e corsaria para as xentes de Vigo vai a marcar
o século XVII.
Vigo, de vila a cidade. Marcó del Pont.
Noé Massó Lago
Cando Buenaventura Marcó del Pont se afinca en Vigo, a mediados do século
XVIII, hai censados na vila uns 300 veciños. Cando Don Buenaventura falece, en 1818, a
vila xa é Cidade (fidel, leal e valerosa) e conta con varios miles de habitantes, moitos
deles empregados na Casa Marcó. Paradigma da emigración catalana a Galicia, o mozo
Marcó chega a Vigo con 20 anos procedente de Calella, na costa Brava. Nos seguintes 60
anos reúne unha das maiores fortunas de España adicándose ao corso, a salazón, ao
préstamo e xiro, aos seguros mercantís e ao comercio marítimo.
Os relatores
Noé Massó Lago é doctor en Filosofía e profesor no Instituto de Rodeira, en Cangas.
Dende fai trinta anos investiga a emigración catalana dos séculos XVIII e XIX, factor
fundamental na industrialización de Galicia.
José Martínez Crespo é Licenciado
en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela,
nas especialidades de Historia Medieval e Archivística e
Biblioteconomía. Actualmente é Profesor de Geografía e Historia no IES
do Sar De Santiago de Compostela. Autor do libro “A guerra na Galicia do Antiguo Réxime. Textos e contextos (S.XVI-XIX) Editorial Toxosoutos. Noia 2007
Tamén publicou artigos en revistas especializadas de Historia: “Después
de Lepanto. Corsarios turcos y berberiscos en las costas de Galicia en
el sigloXVII”. No Cuaderno de Estudios Gallegos, 2017.