Xoves 24 de febreiro, 19.30 horas
Espazo Cubo
Con Carlos Bernárdez
Co título Visión Obxectiva, Pepe Cáccamo (Xosé María Álvarez Cáccamo, Vigo, 1950) expón parte da súa obra visual no Espazo Cubo (rúa Dr. Cadaval 17 baixo, Vigo).
Visión obxectiva alude a un sentido da mirada que crea o obxecto por medio dunha intensa captación visual, acrecentando ao contido formal e crítico moita ironía ou mesmo humor, permitindo abrir as lecturas deses obxectos que irradian unha forte intensidade referencial.
O carácter aberto e reflexivo das distintas pezas fai que poidamos como expectadores participar da creación procurando lecturas e asociacións propias... Son obras que presentan un abano de preocupacións que acaban por se configurar como un auténtico caleidoscopio dalgúns dos fenómenos do noso presente...
O encontro con Pepe Cáccamo chega da man de Carlos L. Bernárdez, a quen pertenecen os textos en cursiva, extraídos do artigo que no Faro de Vigo lle dedica á exposición.
Exvoto de castidade, Miniatura da soidade, Ovocedario ou Quo vadis, son algunhas das obras que podemos contemplar na exposición.
Para unha maior información sobre a exposición recomendamos ler o mencionado artigo de Carlos Bernárdez no faro.