Escravas do século XXI

AS ESCRAVAS DO SÉCULO XXI
Conversan:
Silvia Pérez Freire
Mª Xosé Porteiro
Mércores 9 de marzo 19h
Casa Galega da Cultura

 Dentro da semana para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller, o Ateneo Atlántico propón un interesante conversa entre María Xosé Porteiro e Silvia Pérez Freire.

O tema, o que avanza o título da actividade, a trata de seres humanos, case todas mulleres, para usalas na prostitución.

Cada ano, arrededor de tres millóns de persoas, máis do 80% mulleres e nenas, son vítimas de trata con fines de explotación sexual e laboral.
Así, a prostitución colócase como tercer negocio clandestino máis lucrativo do mundo, só por detrás do tráfico de armas e de drogas.

A actividade terá o formato dunha conversa entre Silvia Pérez Freire e María Xosé porteiro, e será o mércores 9 de marzo, ás 19 horas, na Casa Galega da cultura.

As relatoras

María Xosé Porteiro García (Madrid, 1952), é unha xornalista, política e escritora galega de narrativa e ensaio. Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo.
Como xornalista traballou en La Voz de Vigo, no xornal El Pueblo Gallego e en Radio Popular de Vigo. Publica en La Voz de Galicia, El País e Tiempo. Foi xefa do Departamento de Prensa do Concello de Vigo.
Concelleira polo PSdeG en Vigo, foi tenente de alcalde e primeira concelleira de igualdade, deputada no Parlamento de Galicia e no Congreso dos Deputados, Delegada da Xunta de Galicia na Arxentina, Membro das Asembleas Parlamentarias do Consello de Europa.
Na actualidade é adxunta á Valedora do Pobo galego.É socia fundadora do Ateneo Atlántico e colaboradora do Centro de Documentación de Recursos Feministas de Vigo.
Entre a súa produción literaria cómpre destacar Covardes (2001, Ir Indo), Sándalo (2019, Galaxia, ou Buscando a Clara (colección Historias para coñecermos Vigo, 2019, Elvira).

Silvia Pérez Freire é Doutora en Socioloxía especializada en Violencia de Xénero desde hai 18 anos. Desde o ano 2007 imparte docencia na Universidade de Vigo e traballa como consultora científica. Pertence á Rede Iberoamericana sobre Imaxinarios e Representacións, á Rede Académica Internacional de estudos de Prostitución e Pornografía e é co-fundadora da Rede Galega contra a trata sexual, unha plataforma formada por 10 ONGs que dedican os seus esforzos ao traballo con vítimas de trata sexual.
Participou activamente en numerosos estudos e entre os que dirixiu atópanse: “Análise e diagnóstico da situación das mulleres vítimas de violencia de xénero cun trastorno  adictivo activo” (2017-2018) financiado pola Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) ou “Diagnóstico do hábitat e da convivencia igualitaria na cidade de Ourense” (Concello de Ourense, 2019). Publicou 11 libros e unha vintena de artigos académicos vinculados á violencia de xénero. Entre os máis relevantes: o “Informe Estudo  exploratorio de trata de persoas en Galicia” (Xunta de Galicia, 2013) e a tese “ Victimización de trata sexual: imaxinarios e  invisibilización” (Ministerio de Presidencia, 2019), ambas de descarga gratuíta na internet.

/*-----script funcionamento buscador cabeceira Minerva Aurora-----*/