REFLEXIÓNS SOBRE A ESTÉTICA NO PARADIGMA MODERNO
Pintores da vida moderna
Alberto Ruíz de Samaniego
Conversa con Ángel Cerviño
Presenta Anxo Cabada
Xoves 17 de marzo
19 horas, MARCO
Pintores da vida moderna
Alberto Ruíz de Samaniego
Conversa con Ángel Cerviño
Presenta Anxo Cabada
Xoves 17 de marzo
19 horas, MARCO
Alberto Ruíz de Samaniego é un dos pensadores máis
lúcidos sobre a estética contemporánea, dedicando a súa atención a
figuras centrais da modernidades coma Pasolini, Fritz Lang e André
Tarkovski, i pensadores como Walter Benjamin ou Maurice Blanchot.
En
“Pintores de la vida moderna”, achégase a construcción da modernidade
na escrita e na arte, repasando a obra de figuras como Poe, Mallarmé,
Victor Hugo ou Giacometti.
Alberto Ruiz de Samaniego (A Coruña, 1966) é doutor en
Filosofía (Universidade Autónoma de Madrid), Mestre en Estética e Teoría
das Artes (Instituto de Estética e Teoría das Artes da Universidade
Autónoma de Madrid) e Profesor Titular de Estética e Teoría. das Artes
(Universidade de Vigo). Comisario e crítico cultural, foi Director da
Fundación Luis Seoane da Coruña (2008-2011), codirixe a colección Larva
(Editorial Maia-Abada) e foi comisario do Pavillón de España na 52a
Bienal de Arte de Venecia.
Publicou, entre outros, os seguintes libros: Maurice Blanchot: an aesthetics of the neutral (Universidade de Vigo, 1999), Seeds of time (Pontevedra, 1999), Postmodern inflexion: the margins of modernity (Akal, 2004), James Casebere (Mimesis, 2005), Beleza doutro mundo. Notas sobre algunhas poéticas do inmobilismo (Cendeac, 2005), Ser e non ser. Figuras no dominio do espectral (Micromegas, 2013), As belas horas. Escritos sobre cine (Abada editores, 2015) e teatro negro de Jorge Molder (Sistema Solar, 2015), “Corpos á deriva.(Lecturas de Estética)” 2017, “O lugar era o deserto. Pier Paolo Pasolini” 2019, “A cidade espida: Variacións en torno a un home que durme de Georges Perec”.

Ángel Cerviño (Sarria, 1956), é un artista plástico e escritor galego.
Escritor,
artista plástico e comisario de exposicións. Como escritor gañou o XV
Premio de Poesía Ciudad de Mérida con El Ave Fénix solo caga canela. É
autor de textos críticos sobre as novas prácticas artísticas en
diferentes catálogos e publicacións. Foi comisario das exposicións:
Teleprompter (Centro Torrente Ballester-Ferrol, 2009), e Casus Belli
(Auditorio de Galicia-Santiago de Compostela, 2011), El boceto del mundo
(MARCO-Vigo, 2013) En plenas facultades I e II (Pontevedra, 2013-2014),
Carlos León, el orden de las pequeñas cosas (CGAC-Santiago de
Compostela, 2014), Francisco Mantecón, Paixón e cálculo (Marco-Vigo e
Fundación Luis Seoane-A Coruña, 2015) en colaboración con Alberto
González-Alegre.